Chegan a Lugo os Comandos Comadres contra a violencia patriarcal este xoves 18/11 ás 20:30 no Auditorio Municipal Gustavo Freire da man de Matrioshka Teatro. 

A través do humor un grupo de Artivistas organizadas por Comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual.

A peza está composta por cinco comandos de temáticas diferentes cunha duración de entre 10 e 15 minutos cada un:

COMANDO MEIGAS: céntrase na demonización das mulleres que non encaixamos no modelo patriarcal.

COMANDO SIÑAS: fálanos da invisibilización das mulleres de certa idade que xa non cumprimos as expectativas reprodutivas do patriarcado.

COMANDO SACHO: afiánzase na sabedoría e na fortaleza das mulleres lonxe dos estereotipos de seres débiles ou vítimas.

COMANDO RETRANCA: expón con humor as falacias que durante séculos se teñen dito das mulleres.

COMANDO CATAPLASMA: reivindica o saber ancestral das mulleres en conexión coa terra e os ecosistemas saudables, o coñecemento e uso das plantas e os procesos de acompañamento e coidados.

Son Comandos activos de estratexias impredecibles e irreverentes que van creando unha rede de Comandos Comadres a nivel mundial centrada na importancia da igualdade de dereitos e deberes sociais entre ambos os xéneros tanto no ámbito público coma no privado, dos coidados dos ecosistemas sans e equilibrados, así coma dos afectos cos que crear lazos de sororidade e empatía.

Espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto. Entradas en: entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Promovido por Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo