Día Mundial do Teatro en Lugo - 2018
Día Mundial do Teatro - Praza Maior de Lugo - 2018

Maio 2018 Achádego Teatro cumpre este 2018 30 anos de vida e entre os actos conmemorativos que vai a realizar ao longo do ano coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lugo,  o grupo organizou para esta fin de semana de maio (12-13 e luns 14) as Xornadas “ Experiencias teatrais” sobre experiencias teatrais dende o punto de vista da actuación, a producción, a dramatúrxia, a dirección e a formación co obxetivo dee ofertar ó público lucense a posibilidade de coñecer as distintas realidades do teatro actual.   

As xornadas darán comenzo o vindeiro SÁBADO 12 co I Encontro de actores e actrices de teatro amador da Provincia de Lugo.

13:00 Recepción  de membros de grupos de teatro da provincia de Lugo participantes no proxectos BUXIGANGA  na carpa sitúada na Praza de San Marcos. 

14:30 Comida de teatreiros e teatreiras da Provincia de Lugo.  Restaurante Fonte do Rei. 

18:30 Representación teatral a cargo de «Lucecús» versioneando os hits dos Microefectos Dramatúrxicos. Salón de actos da Deputación. ABERTA A TODO O MUNDO 

–  «A conferencia».  Palabras clave: ponencia, micrófono, gato, tanga. Con Brian Rodríguez Cortiñas e Anxo Manoel Lamelo.

–  «Zzzip». Palabras clave: padres, hijos, charlatán, implante, electrocución. Con Brian Rodríguez Cortiñas e Anxo Manoel Lamelo.

19:30 Conferencia de Manuel Vieites, Director de ESAD ( Escola Superior de Arte Dramática de Vigo). “Formación teatral en Galicia: A ESAD.” Modera Tareixa Campos e Antón Sampaio.  Salón de actos da Deputación.  ABERTA A TODO O MUNDO.

Día Mundial do Teatro en Lugo - 2018
Día Mundial do Teatro - Pza Maior de Lugo - 2018

DOMINGO 13
20.00 Mesa redonda: “Experiencias teatrais femeninas. A situación das mulleres no feito teatral”
Salón de actos de Deputación Provincial de Lugo. Modera a mesa Lourdes Abuide.
Poñentes:
Melania Cruz. Estudiou maxisterio en Lugo e Interpretación textual na ESAD en Vigo e un master en pedagoxía e animación teatral na Universidade de Vigo. En 2012 fundou Il Maquinario teatro. Traballou como actriz profesional en varias compañías, CDG, Contraproduccións, 611 Teatro e EsénaT. En cine traballou en A Esmorga e Sicixia de Ignacio Vilar. Traballou en series para a TVG como Urxencia Cero, Serramoura, Fontealba e Viradeira.

María Vázquez. Nace un 19 de marzo de 1979 en Carballedo, Chantada. Con 18 anos se traslada a Madrid para estudiar danza e ingresa na Escola Teatro da Danza donde permaneceu dous anos. Entón se decanta polo teatro e continúa os seus estudios de Interpretación na Escola Internacional de Juan Carlos Corazza en donde terminou a formación de 4 anos. Arestora está de xira coa obra “A leituga” dirixida por Victor Duplá, traballou con Andrés Lima en “sueño” e en “la evolución” e “animal” dirigida por Rubén Ochandiano. Entre outras. En Televisión está participando na serie Fariña de Bambú producción para Antena3

Día Mundial do Teatro en Lugo - 2018

LUNS 14 
20:00 Conferencia de Enrique Salaberria. Xerente de Xmedia. “A Xestión teatral e os espazos teatrais como feito fundamental para crecemento artístico das ciudades” 

ENRIQUE SALABERRIA. Fundador do grupo empresarial Smedia, que dende 1999 produce e distribuie teatro, música e danza en 9 teatros de Madrid e acaba de facer coa xestión do Cartuja Center City de Sevilla. Miembro fundador da Asociación de Artes Escénicas de España. Salaberría non é un empresario teatral o uso. Navegando en solitario e a contracorriente converteu o seu grupo, Smedia, nun dos máis importantes do panorama escénico de Madrid. Xestiona os principais teatros da capital.

ACHÁDEGO TEATRO

En estos 30 anos pasaron por Achádego unhos 50 actores e actrices que, coa súa propia sensibilidade, aportaron o carácter que hoxe en día ten achádego teatro. A súa filosofía está en ser partícipe da vida cultural da cidade, enriquecela e colaborar con todas aquelas accións sociais e culturais que se están a organizar. Entre os seus obxetivos está difundir a lingua galega e conformar obras propias coas que percorrer a comunidade galega. Achádego teatro foi o lugar en donde xermolaron outros actores e actrices que hoxe en día conforman diferentes grupos ou se adican profesionalmente as artes escénicas. Achádego está sempre aberto a novas incorporacións e non pecha ás portas a quen queira irse ou voltar porque no fondo o grupo é unha gran familia que sempre está ahí. Hoxe en día traballan unhas 15 persoas pero tamén hai colaboracións esporádicas e encontros con outras agrupacions para realizar proxectos en común.

Fundadores: Tareixa Campo (e a actual Presidenta da asociación) e Antón Sampaio (e  Director da agrupación teatral)