1.507 películas compiten para participar na Semana de Cine de Lugo e 115, entre curtas e longametraxes, serán seleccionadas para a súa exhibición.
1.316 recibíronse a través da Plataforma Festhome, 161 a través de Click for Festivals e 30 de distribuidores independentes.
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, entidade organizadora da Semana de Cine, segue traballando na súa organización, que se vai celebrar do 19 ao 24 do próximo mes de setembro.
En próximas días será presentado o cartel anunciador da próxima edición da Semana, obra do Siro López Lourenzo, SIRO.
A Semana de Cine de Lugo conta co apoio económico da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.