Para participar na XI Findecurta tes que cubrir o formulario de inscrición entre os días 6 e 21 de abril de 2026.
Unha vez feita a inscrición tes que seguir os seguintes pasos:
- 24 de abril ás 20.30 h: Sesión informativa na Casa do Saber
- 24 de abril ás 20.30 h ata o 28 de abril ás 10.30 h: tempo oficial de realización da curta.
- Ata o 28 de abril ás 10.30 h: entrega da documentación e da curtametraxe
- 22 de maio ás 20.30 h: proxección e entrega de premios
Os premios que podes acadar son un primeiro premio de 450 euros, que supón ademais a participación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega, e un segundo premio (Premio do Público), que supón a partipación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.
Máis información nas bases do Certame (pdf)






