Chega ao MIHL o ciclo de performances MEXER da man da concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e a galería de arte Solaina.
O ciclo de arte vivo achegará ao MIHL 6 performances artísticas durante o 20 e o 21 de agosto.
A edil de Cultura explicou que “a performance é un xénero dentro da cultura que está a ter unha gran acollida por parte de moitas artistas galegas, e actualmente está a ter un papel importante e fundamental na arte de vangarda”.
A entrada ás distintas performances será libre ata completar a cabida de cada unha das ubicacións.
Durante a fin de semana do 20 e 21 de agosto, 6 artistas desenvolverán a súa proposta nos distintos espazos do MIHL.
Contarase coa participación de María Roja, Noel Quintela, Airezzz, Akacie, Sofía Fernández e Alberto Villasagra Chex.
“Achegamos deste xeito unha proposta artística e cultural novidosa que ten un bo encaixe nun espazo tan singular como o MIHL”, declarou Maite Ferreiro.