Os xoves pola tarde a praza Anxo Fernández Gómez acollerá un espazo de lecer para as familias con espectáculos de circo, teatro e música
Maite Ferreiro: “O que queda de verán xa é unha cita consolidada na programación cultural de Lugo para as familias”

Nova edición de «O que queda de verán» con catro espectáculos de espectáculos de circo, teatro e música nas tardes dos xoves ás 18:00 entre o 19 de agosto e o 8 de setembro. Lugar: Pza Anxo Fernández Gómez. Entrada: gratuíta ata completar a cabida.

“Desde a área de Cultura presentamos a cuarta edición dun ciclo xa consolidado na programación cultural do verán para as nenas e nenos, que ano tras ano é un éxito de acollida entre as familias de Lugo”, explicou Maite Ferreiro.

área de Cultura complementa coa nova edición de O que queda de Verán a programación cultural do verán. Durante os domingos continúa a celebrarse a Mostra de Vellos Oficios Artesáns,  o Muralleando e vén de rematar o ciclo Tarde e Tardiña.

 A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou "O que queda de verán" 2022
Programación “O que queda de verán 2022”

18 de agosto: “Karpaty” de La Troupe Malabo.

Todo comeza en Karpaty Cirqué, un vello e prestixioso circo ruso. Tras anos de éxito, estallan guerras, epidemias, falta de amor…deixando ao circo na máis absoluta decadencia. Os supervivintes do circo emprenden unha longa viaxe na procura dun lugar onde poder realizar o seu soño: volver a mostrar a súa arte ao público. Serán capaces de lembrar como era o espectáculo? De como funcionaba o circo? KARPATY é un espectáculo único de clown, malabares, acrobacias, maxia e música en directo que non deixará a ninguén indiferente.

Idade recomendada: a partir dos 5 anos. 

25 de agosto: “Asacocirco show” de Asacocirco.

Este é un espectáculo que nace da colemia e idiotez dos seus protagonistas: Mirroska e Juanito, os dous “clowns” deste divertido mini circo. Da fusión destes dous pallasos e do público, créase a maxia do teatro de rúa, sonrisas aseguradas.

Os personaxes irrompen en escena alborotando coas súas ganas de protagonismo, como a dun neno. A partir de aquí: unha presentación, un número de maxia cómica, números de mazas, bólas e acrobacias mesturadas con xogos participativos co público. Todo isto en clave de humor, que fará pasar aos asistentes un intre divertido e sen desperdicio.

Idade recomendada: Todos os públicos.

 

1 de setembro: “Infinit” de Seon.

Infinit é un espectáculo que cuestiona os difusos comezos e finais de todo canto temos ao redor. Acrobacia, trapecio “Washington”, “clown” e danza son os ingredientes deste remuíño de humor existencialista. Uns personaxes absurdos, dunha estupidez profundamente intelixente, acabarán cuestionando a nosa propia esencia.

Idade recomendada: Todos os públicos.

8 de setembro: “ADORO”. Cia. Alta Gama.

As vicisitudes da parella fronte ao amor. Ela ven a deslumbrarnos coa súa voz e a súa música. El, o seu axudante, que máis que axudar, interrompe. Un perfecto xogo de clown. Dous idiotas que enredan e pelexan. O resultado sempre é o mesmo: O público rí. Adoro é un espectáculo que nos invita a amar, rír e soñar. Un lugar onde as relacións de parellas e as súas complicacións lévanse con humor e alegría. Un show de “clown” con música en directo e sorprendentes acrobacias sobre a bicicleta.

Idade recomendada: Todos os públicos.