Volven Os Eidos ao Courel de Uxío Novoneyra. 
Festival dos Eidos do 26 ao 28 de agosto na aldea de Parada (Fundación Uxío Novoneyra – Folgoso do Courel – Lugo)
Poesía, concertos e outras artes. Uha programación de vangarda, intensa, múltiple e aberta que busca seguir fundando o lugar da palabra e das artes no espazo dunha aldea e dunha serra que chama pola viabilidade e pola permanencia.
Presentación do Festival Eidosfest, organizado pola Fundación Uxío Novoneyra co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O Festival dos Eidos lembra un libro aberto e comunal e celebra os seus “lugares íntimos, os máis convividos, dos que se ten longa experiencia, hábito de longa presencia, os que un leva estampados dentro”, como os definía Novoneyra.

A horta, o curral, a fonte, a aira, o souto, a escola… todos os espazos que cinguen a casa natal do poeta na aldea de Parada do Courel, tórnanse escenarios dunha cita que reivindica a paixón polo canto e a palabra poética expandida, salvaxe, escénica e en diálogo con outras artes.

PROGRAMACIÓN EXTENDIDA:

XOVES 18 DE AGOSTO
PRAZA DE CASTELO, BECERREÁ
20:00 – POESÍA ESCÉNICA DE NIEVES NEIRA, CRIS VILARIÑO E OLALLA CAAMAÑO

MÉRCORES 24 DE AGOSTO
HORTA
16:00 – FORMACIÓN VECIÑAL EN LABORATORIOS CIDADÁNS

XOVES 25 DE AGOSTO
ESCOLA
10:00 – PRÁCTICAS DE INCLUSIÓN VECIÑAL PRÓXIMA EN CENTROS CULTURAIS
16:00 – XORNADA PROFESIONAL ERASMUS + KA2 INDÍGENO.NETWOR

PROGRAMACIÓN