A exposición «A Revolta dos Clicks» está a ser todo un éxito. As visitas á mesma a día de hoxe prevén repetir o éxito da mostra do ano pasado, cando máis de 10.000 persoas se achegaron ao MIHL, para ver «Galiza a golpe de click»
A Revolta dos Clicks, organizada por AESCLICK e a Concellería de Cultura do Concello de Lugo, consta de 5 dioramas, un central de 20 metros cadrados e outros catro de 4 metros cadrados cada un, nos que se atopan representados distintos momentos da revolta irmandiña e da vida nas poboacións galegas do século XV.
Cabaleiros, mosteiros, campesiños, damas e xoglares, o verdugo e o ferreiro, epidemias, fame, rentas abusivas, e moitos castelos… Se queres observar a «Revolta Irmandiña» e o seu contexto, contados a través de máis de 1000 clicks repartidos en cinco dioramas, achégate ata o 28 de outubro ao MIHL.
Notas:
Esta exposición non está organizada por © PLAYMOBIL/Geobra Brandstatter Stiftung Co.KG
Busca os «gazapos» que hai na expo 😉 . Fotos dalgún na seguinte galería:
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte