Moi recomendable a visita á exposición «Galiza a golpe de click» no MIHL. Organizada por AESCLICK e a Concellería de Cultura do Concello de Lugo é unha maneira espectacular e divertida de achegarse á historia de Galiza. 

Na expo se atopan representados distintos momentos da historia da Galiza como o xurásico e o paleolítico, a cultura castrexa, a Galiza Romana e unha representación de Galiza no ano 1.000.

No MIHL realizaranse obradoiros arredor da temática da exposición, e todas as persoas que a visiten poderán escoitar unha audioguía escaneando o código QR habilitado en cada zona.

A exposición poderá visitarse até mediados de setembro.