O grupo teatral lucense Microefectos Dramatúrxicos cumprirá dez anos o vindeiro mes de maio. A efeméride celebrarase ao longo de todo 2023, ademais das habituais sesións trimestrais haberá dúas sesións de grandes éxitos en xaneiro e en outubro.
Esta primeira sesión “Greatest Hits Vol. 1” terá lugar este xoves 12 e venres 13 de xaneiro en pases de 20:30 e 22:30 no Club Clavicémbalo.
As catro pezas escollidas son textos bastante queridos e lembrados polo público, quen participou na escolla a través das redes sociais. Poderase mercar entradas a través da plataforma Woutick no seguinte enlace: https://www.woutick.es/evento/24394/entradas-microefectos-dramaturxicos-lugo
Tamén haberá tíckets dispoñíbeis na billeteira.
Adáptate paiaso! Escribe e dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: Anxo Manoel, Germán Frasio e Brian Rodríguez.
Triunvirato Multígamo Escribe e dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: María Grandío, Isa Herrero, Germán Frasio e Brian Rodríguez.
Nenos roubados Escribe e dirixe: Elvira Velasco. Interpretan: Conchi Madrina e Anxo Manoel.
Justicia desbocada Escribe e dirixe: Germán Frasio. Interpretan: Raquel López Cendán, María Grandío, Brais García e Anxo Manoel.
Microefectos Dramatúrxicos pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte