Era tal a atracción que tiña o Adra pola fotografía que comezou firmando como Adra PAIXÓN.
Era tal a afección que pasaba os días e as noites facendo fotos, estudando portfolios, vendo fotolibros, editando…experimentando.
Era tal o amor por esta arte que, perturbado, non hai outra explicación, chegou a facer fotos en analóxico.
Algunhas, nesta reportaxe. Un tesouro. Restos de non hai moito tempo, uns cinco anos, anos nos que perdeu o apelido, por Pallón, pero non perdeu nin unha chisca da paixón no que xa, de forma profesional, traballa.
Adra Pallón é un premiado fotógrafo lucense con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.
Web oficial Facebook Instagram
+ de Adra Pallón en Viva Lugo:
Adra Pallón seleccionado nos Oscar do fotoxornalismo
Adra Pallón finalista no «Andrei Stenin International Press Photo»
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte