Curso de teatro impartido por Miss Beige: «Le salon des refuses». Do 21 ao 23 de abril. Pazo de Montenegro, Lugo.
O XXVII Festival Internacional de Teatro Universitario programa do 21 ao 23 de abril un curso de creación que nos convida a experimentar o fracaso como estímulo artístico.
Da man de Miss Beige, alter ego da creadora, actriz e performer Ana Esmith, as participantes serán protagonistas do seu propio Salón de Refuses (salón de rexeitadas/os) que ademais será aberto ao público ao final do curso.
Salón de Refuses
Lonxe do fracaso, preparados para o éxito, somos rápidos, astutos, intelixentes, seguros, bos, simpáticos, divertidos, falamos e colocámonos corporalmente ben… sabemos demasiado, facémolo demasiado ben.
Miss Beige propón o xogo como ferramenta para a procura individual cara ao descubrimento propio, abre un espazo para que cadaquén poida buscar, descubrir e achegarse a aquilo que xa ten.
Diríxisese a artistas, intérpretes, directoras/es e calquera persoa que utilice a súa persoa no proceso creativo e non é necesario currículo nin dossier artístico ou vídeobook. Se queres arriscar e xogar cos teus erros aproveitándote das túas imperfeccións e profundar un pouco máis na túa implicación coa túa obra, Bienvenue.
Hai 12 prazas dispoñibles e outras 3 para participantes en calidade de oíntes. A taxa é de 150 euros para público xeral e de 120 euros para a comunidade universitaria. No caso das persoas que asistan como oíntes a taxas para o público xeral é de 120 euros e de 80 euros para a comunidade universitaria.
A inscrición está aberta ata o 17 de marzo en en cultura.lugo@usc.es
Datas e horarios
- Venres 21 de abril: de 15:30 a 19:30 horas
- Sábado 22 de abril: 10.30 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas
- Domingo 23 de abril: faráse unha hora de montaxe do resultado do taller con tres pases a valorar horarios co grupo unha vez comece o curso