Fonte: Gab. Com. Deputación

- Travellin´Brothers, Aurora &The Betrayers, The Cyborgs, Soouthern Avenue, Laurence Jones, Dani Nel. Lo & Los saxofonistas Salvajes, son os músicos desta edición que organiza o Executivo Provincial en colaboración co Concello de Lugo, os días 20 e 21 de xullo, na praza da Soidade da capital lucense con entrada gratuíta
- O festival compleméntase cunha masterclass gratuíta, o 21 de xullo ás 12:00 horas, no Museo Provincial, impartida polo mellor guitarrista Europeo do ano, Laurence Jones. Inscricións en cultura@deputacionlugo.org

Xullo 2018 A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, presentaron este martes o Blues Museum. Trátase da segunda edición do Festival Internacional de Blues de Lugo, totalmente gratuíto, que organiza o Goberno da Deputación, coa colaboración do Concello de Lugo, os días 20 e 21 de xullo, na praza da Soidade da capital lucense. Esta nova programación musical conta cos artistas máis punteiros do blues así como as novas promesas deste repertorio, chegados de distintos puntos do mundo, como Estados Unidos, Italia, Inglaterra ou España.

O Festival Internacional de Blues compleméntase cunha masterclass gratuíta, o sábado 21 de xullo, ás 12:00 horas, impartida polo mellor guitarrista europeo do ano Laurence Jones, nos xardíns do Museo Provincial de Lugo. Hai 50 prazas. Os interesados poden inscribirse en cultura@deputacionlugo.org.

travellinbrothers-lugo

PROGRAMA

O venres 20 de xullo na Praza da Soidade

Ás 21:30 horas os vascos Travellin´Brothers.
No ano 2015 foi premiada como a Mellor Banda Europea, e a súa presenza é constante en festivais internacionais. Ata o de agora levan publicados 8 discos, e participaron en máis de 1.000 concertos, unha banda que xa ten a matricula de honra no escenario. Facebook dos Travellin’ Brothers

A continuación Aurora & The Betrayers
Aurora García é unha xove cantante madrileña consagrada como unha das voces mais convincentes da escena da música negra. En Lugo presentarán o seu ultimo traballo, no que apostan pola importancia da canción, con composicións equilibradas e directas. No seus directos consigue un son que bebe dos clásicos pero que esta en constante busqueda de sonoridades actuais. Facebook de Aurora and The Betrayers.

Para rematar a primeira xornada os italianos The Cyborgs
Este potente dúo sorprende e fascina a primeira vista e representa unha rara avis na escena italiana e europea de Blues. Levan a paixón, diversión, enerxía, ironía, é o que ofrecen en canda concerto, o que os converte nunha auténtica festa para todos os sentidos. No seu repertorio levan unha proposta que nace do blues máis clásico, enmarcado con funk e punk moderno. Facebook de The Cyborgs.

dani-lugo

O sábado 21 de xullo

As 12:00 horas haberá unha masterclass gratuíta, nos xardíns do Museo Provincial, impartida polo mellor guitarrista Europeo do ano Laurence Jones. Inscricións en cultura@deputacionlugo.org

Ás 13:45 horas sesión vermú en Campo Castillo con Cyborg
O duo italiano volve a actuar na sesión vermú, esta vez nun novo enclave, na Praza de Campo Castillo para amenizar esta xornada.

Praza da Soidade: 

 Ás 21:30 horas actúan os estadounidenses Southern Avenue

Este é o primeiro concerto que celebran en Europa. Con só dous anos no escenario convertéronse na banda de blues máis relevante e popular de Memphis. Ademais foron finalistas no Internacional Blues Challengue de 2016, e co seu primeiro traballo situado no n.1 do Itunes Blues Chart. No escenario levan un directo impactante, fresco e en perfecta unión co publico. Segundo os expertos, estamos diante dunhas bandas que marcará os designios do xénero nos vindeiros anos. Facebook dos Southern Avenue

A continuación o mellor guitarrista Europeo do ano, Laurence Jones
Esta considerado o mellor guitarrista europeo nos premios European Blues Awards. Con só 25 anos é unha das figuras actuais do Blues. Acaba de asinar un convenio con Sony Music, recorventendo en cuarteto a súa banda, e coa incorporación de dous músicos de primeiro nivel con Gregg Smith e o teclista Bennet Holland.

Pechan o Festival os cataláns Dani Nel.Lo & Los Saxofonistas Salvajes – fb –
Esta banda presenta en Lugo o seu directo salvaxe. Este proxecto estreouse no ano 2017, no que un dos seus activos e coñecidos musicos da escea catalana é o saxofonista Danil Nel.Lo, tanto polas súas formacións (Los Rebeldes, Mambo Jambo, Nel.Lo e a Banda del Zoco). Este grupo versiona aos seus heroes “saxofonisticos”, creando unha linguaxe musical única a través do saxo.