
Prazo aberto para participar no «Lugo a Versos 2023»
Estades todas e todos convidad@s a participar de xeito virtual e presencial á festa da poesía promovida por O Vello Cárcere: Virtual: subindo nas vosas redes sociais un vídeo recitando un poema en galego (acreditando autoría, sexa propia ou non) co cancelo #LugoaVersos e etiquetando a @ovellocarcere Presencial: inscribíndoos no Recital de Poesía que terá lugar o sábado día 25 ás 18:00h. no panóptico. As inscricións están abertas ata o venres 24 ás 18:00h. a través do correo vellocarcere@lugo.gal poñendo os vosos datos e un número de teléfono.







