No Día Mundial do Teatro, a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, destacou que a programación teatral do Auditorio Municipal “inclúe só no primeiro semestre do ano máis de 40 actividades con diversos recoñecementos a nivel galego e estatal”.
«Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación «, explicou Maite Ferreiro, que engadiu «esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez, traendo a Lugo o mellor do teatro galego xunto cunha coidada selección de propostas premiadas en importantes festivais».
Programación teatral no Gustavo Freire, entradas e información
Día Mundial do Teatro
O día mundial do teatro celébrase cada ano no 27 de marzo desde o ano 1961, cando foi creado polo Instituto Internacional do Teatro. O principal obxectivo desta data é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura.
No ano 2023, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia publica o seu manifesto polo Día Mundial do Teatro, que neste ano foi realizado pola actriz Clara Gayo, que reivindica as artes escénicas como arte que inclúe a diferenza, evidencia a inxustiza e acariña a nosa humanidade