Foto fonte: facebook Asociación de Actores e Actrices de Galicia

A lucense María Roja Mellor Actriz Secundaria por A peste, do Centro Dramático Galego, nos premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). É a segunda vez que a recoñecida actriz, artista visual e performer recibe este premio (a primeira foi polas súas actuacións en O Tolleito de Inishmaan)

Vinculada ao grupo de teatro amador Quartoescuro ao longo da súa etapa universitaria, traballa posteriormente como actriz profesional nas compañías MatarileCentro Dramático GalegoContraproduciónsInversa TeatroTrasPedianteAporía EscénicaDemolicións Ferreira & CíaContarteFulano Mengano e CitanoGalitoonXarope TulúOs Náufragos TeatroProducións Paloma LugildeMago TetoZancalino e Animar-t. Formou parte do Equipo Artístico e de Redacción de Núa, Revista de Artes Escénicas.

No campo audiovisual, roda baixo a dirección de cineastas como Ignacio Vilar (Vilamor), Alexandre Cancelo (Dos soños antes do cinematógrafo), Breogán Riveiro (Maratón) ou Simón Casal (Lobos Sucios), e protagoniza 9 fugas, filme de Fon Cortizo de recoñecemento internacional.

Forma parte do reparto das series de televisión Hospital RealDalia a modistaO sabor das margaridasA estibaSerramouraMétodo Criminal e Hasta el cielo.

No ámbito da performance, vén traballando pezas en solitario ou en colaboración con outrxs artistas como Fran Martínez, Chiu Longina, Berio Molina, Quimera Rosa, Alba Blanco, Ana Gesto, Carlos Tejo, Adriana Pazos Ottón, Begoña Cuquejo, Juanma LoDo, asformigas, Silvia Penas, Andrea Mosquera ou Cecilia Perea. 

É cofundadora dos colectivos áIntemperie e Blanco&Roja mais do fato bicéfalo Ohn, proxectos situados no campo da arte de acción. Forma parte do corpo colectivo transfronteirizo Límites.

Actualmente compaxina o labor investigador no programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea da UVigo coa actividade docente, o deseño escenográfico e o traballo creativo nos eidos das artes escénicas e visuais.

María Roja – facebook – 

María Roja – web – 

PREMIOS

Os/as gañadores/ divididos por espectáculos son:

  1. As que limpan, de A Panadaría (4 premios): espectáculo, dirección, actriz protagonista e texto orixinal
  2. O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas (3 premios): adaptación-tradución, actor secundario e vestiario
  3. Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro (2 premios): actor protagonista e espazo sonoro
  4. Ás oito da tarde, cando morren as nais, do Centro Dramático Galego (2 premios): dirección de movemento ex aquou e espazo escénico
  5. O deus do pop, de Diego Anido (2 Premio): iluminación e dirección de movemento ex aquou.
  6. A peste, do Centro Dramático Galego (1 premio): actriz secundaria
  7. Papagena, de Butacazero (1 premio): maquillaxe
  8. A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro (1 premio): espectáculo infantil
  9. Xela contra o Dragón Traga-verbas, de Títeres Cachirulo (1 premio): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.
Gañadores/as por categoría:

MAQUILLAXE: Diego Valeiras por Papagena, de ButacaZero

VESTIARIO: Carlos Alonso por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas

ILUMINACIÓN: Montse Piñeiro, Raquel Hernández e Pedro Fresneda por O deus do pop, de Diego Anido

ESPAZO ESCÉNICO: Blanca Añón por Ás oito da tarde, cando morren as nais do CDG

ESPAZ SONORO: Mon Orencio por Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro.

ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Quico Cadaval e Pepe Sendón por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas.

TEXTO ORIXINAL: Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría

ACTOR PROTAGONISTA: Josito Porto por Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro.

ACTRIZ PROTAGONISTA: Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría.

ACTRIZ SECUNDARIA: María Roja por A peste, do Centro Dramático Galego

ACTOR SECUNDARIO: Evaristo Calvo por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas.

DIRECCIÓN: Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría

DIRECCIÓN DE MOVEMENTO: Premio ex aequo aRut Balbís por As oito da tarde, cando morren as nais, do CDG, e a Diego Anido e Guillermo Weickret por O deus do pop.

ESPECTÁCULOAs que limpan, de A Panadaría.

ESPECTÁCULO INFANTILA nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro

ESPECTÁCULO DE MONICREQUES, OBXECTOS E FIGURAS ANIMADAS: Xela e o Dragón Traga-Verbas, de Títeres Cachirulo.