Visita Guiada Exposición María Corredoira no Museo Provincial de Lugo
Abril de visitas guiadas aos museos da Rede Museística Provincial de Lugo.

«Os museos da Rede Museística preparámonos para celebrar o próximo 18 de maio do Día Internacional dos Museos. Pero antes convidámoste a coñecer as coleccións e exposicións temporais que hai programadas para este mes de abril cunha serie de visitas guiadas que che poden interesar. Estas visitas están adaptadas a todas as idades e foron deseñadas para compartir ‘MusEU ANDO pola Sostibilidade e o Benestar’. Anímate!»

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Visita participativa: Contamos contigo! Dóanos a túa historia!
Gustaríanos contar contigo —coa túa colaboración, que nos contes a túa historia— e que consideredes o Museo Provincial de Lugo como un centro de socialización de aprendizaxe e desfrute. Que valores o Museo como depósito e gardián da memoria colectiva da comunidade porque andamos, coma ti, MusEUando pola Sostibilidade do planeta e o Benestar das persoas.

Calendario abril 2023

Días 11, 12, 13 e 14 de abril.

Horario da visita: de 18:30 a 20:00h.

Días 18, 19, 20 e 21 de abril.

Horario da visita: de 10:30 a 11:45h.

Actividade idónea para todas as idades

Horario de 1 de novembro ao 30 de maio:De martes a sábado: de 10:00 a 13:30h. e de 16:00 a 20:30h. / Domingos e festivos: de 10:00 a 15:00h. / Luns pechado.

+ info: concertacionsrmp@gmail.com / 982 242 112

Visitas guiadas á exposición temporal ‘Cravos coma toxos. O neotenebrismo galego-portugués’

Esta exposición colectiva reúne obra destes artistas de Galicia e Portugal: Andy James, Antía Caldeiro, Carlota Caçador, Fernando Voyeur, Hermes, Hugo Sousa, Noemí Núñez, Noemí Parguelas e Nuria López. Comisariado: Sergio Marey.

Lugar: Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede Deputación Provincial de Lugo). Desde o 22 de marzo até o 22 de xuño de 2023.

Conduce a visita o comisario da mostra, Sergio Marey.

Horario de visita (entrada gratuíta): Luns a sábado: 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 h. / Domingos e festivos: pechado
Calendario visitas guiadas a esta exposición

Luns, 3 de abril, ás 12:30 e ás 19:00h.

Martes, 4 de abril, ás 12:30 e ás 19:00h.

Mércores, 5 de abril, ás 12:30 e ás 19:00h.

+ info: concertacionsrmp@gmail.com / 982 242 112

Visita técnica guiadas á exposición temporal ‘María Corredoira’ (+ info)

Sala de Exposicións do MPLugo (Desde o 15 de marzo ao 31 de maio).

Día 20 de abril ás 19:00h.

Conduce a visita a comisaria da exposición e directora do MPLugo, Aurelia Balseiro. (ver artigo en VivaLugo)

Horario de 1 de novembro ao 30 de maio: De martes a sábado: de 10:00 a 13:30h. e de 16:00 a 20:30h. / Domingos e festivos: de 10:00 a 15:00h. / Luns pechado.

+ info: concertacionsrmp@gmail.com / 982 242 112

Outras exposicións temporais que podes visitar nestas datas

-Fotografía a cegas V (2010-2023). A Ollada Sensible (+ info)

Sala Multiusos do MPLugo (Desde o 1 de marzo ao 30 de abril).

-De monetaria galega. Galiza e a súa moeda desde a Antigüidade ata os nosos días (+ info)

Refectorio do MPLugo (Desde o 31 de marzo ao 30 de xuño).

+ info: concertacionsrmp@gmail.com / 982 242 112

Fisgando na Rede (nos catro museos da RM)

Este proxecto consiste na retransmisión de breves directos a través das redes sociais da Rede Museística Provincial de Lugo cos que se darán a coñecer historias, curiosidades e datos insólitos do patrimonio dos museos integrados na Rede, así como da súa vinculación co territorio, a comunidade e a identidade da provincia de Lugo.

Datas: cada mércores e sábado, ás 12:00 h, a partir do mércores, 19 de abril.

MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA (Friol)

Visitas guiadas

Fortaleza con orixes no s. XIV do que se conservan tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior. Consta de tres plantas. Na primeira pódese visitar a cociña coa lareira e o forno, un salón con parladoiros e unha cheminea, amais de mobiliario. Na primeira e segunda planta da Torre de Homenaxe expóñense coleccións de armas e na terceira sobresae unha cheminea renacentista. A capela, co seus ornamentos, é do s. XVIII. Amais, este edificio recende lendas como a de Catarina de Santiso e a da Cova da Serpe.

Días 2, 14, 16, 25, 26, 29 e 30 de abril ás 17:00h.

Horario de 1 de marzo a 30 de outubro: De martes a domingo, incluídos festivos: de 10:00 a 20:00h. / Luns pechado

+ info: concertacionsrmp@gmail.com /982 375 156

Fisgando na Rede (nos catro museos da RM)

Este proxecto consiste na retransmisión de breves directos a través das redes sociais da Rede Museística Provincial de Lugo cos que se darán a coñecer historias, curiosidades e datos insólitos do patrimonio dos museos integrados na Rede, así como da súa vinculación co territorio, a comunidade e a identidade da provincia de Lugo.

Datas: cada mércores e sábado, ás 12:00 h, a partir do mércores, 19 de abril.

MUSEO PROVINCIAL DO MAR (San Cibrao, Cervo)

Visita guiadas

Días 4, 5, 6 e 9 de abril ás 12:00h

Horario de inverno de outubro a maio: De martes a sábado (mañás de 11:00 a 14:00 e tardes de 16:00 a 19:00)
Domingos e festivos (mañás de 11:00 a 14:00) / Luns pechado

+ info: concertacionsrmp@gmail.com /982 594 572

Fisgando na Rede (nos catro museos da RM)

Este proxecto consiste na retransmisión de breves directos a través das redes sociais da Rede Museística Provincial de Lugo cos que se darán a coñecer historias, curiosidades e datos insólitos do patrimonio dos museos integrados na Rede, así como da súa vinculación co territorio, a comunidade e a identidade da provincia de Lugo.

Datas: cada mércores e sábado, ás 12:00 h, a partir do mércores, 19 de abril.

 MUSEO PAZO DE TOR

Visitas o Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos)

De martes a domingo, visitas guiadas concertadas previamente ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00h / Luns pechado

+ info: concertacionsrmp@gmail.com / 982 165 534