Concerto da Camerata da Orquestra Sinfónica de Galicia
Mércores, 3 de maio de 2023 – 20:00 h. – Círculo das Artes de Lugo
W. Rosinskij, dirección / Dasha Rosinskij, piano
Programa:Mendelssohn – Sinfonía para cordas nº 1 en do maior
Rosinskij – Tunnels of Coliseum-2, Concerto grosso
Sibelius – Romanze en do para cordas, op. 42
A. Mozart – Concerto para piano e orquestra núm. 23 en la maior, K488
Promove: Sociedad Filarmónica de Lugo
Camerata OSG
A Camerata OSG formouse no ano 2013 por iniciativa do seu director o intérprete de viola e compositor Wladimir Rosinskij.
É unha formación estable composta por integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia, entre eles varios dos seus primeiros atrís como Ruslana Prokopenko, principal de violonchelos; Ludwig Dürichen, axuda de concertino; Francisco Regozo, principal de violas, etc.
A Camerata OSG nace co propósito de difundir obras para pequena orquestra de cámara, intentando abarcar un repertorio o máis ecléctico posible.
A agrupación ofreceu concertos en Oviedo (Teatro Filharmónica), Xixón (Teatro Jovellanos), A Coruña (Teatro Colón), Vigo (Auditorio Centro Cultural Afundación), Santiago de Compostela (Salón Teatro), con solistas como Thomas Demenga e Amit Peled (violonchelo), Ilya Kaler (violín) ou Frank Stadler (violín, guitarra eléctrica).
Wladimir Rosinskij
De orixe rusa e nacionalidade austríaca, Wladimir Rosinskij obtén o Diploma de Honra na Academia Musical de Krasnojarsk en 1986.
Dende 1990 ata 1995 estuda en Hochschule fur Musik, Viena, con W. Klos (viola) e E. Urbanner (composición). Neste período obtén o Primeiro Premio en Kompositions-Wettbewerb im Rahmen des 10 Wiener Sommer-Seminars para Novas Músicas, ademais do Forderungspreis de Bundeskanzleramt de Austria para compositores.
Como director traballou con orquestras como Kammerorchester Arpeggione Hohenems, Ensemble Plus (Austria), Orquestra de Cámara da OSG, Grupo Instrumental Siglo XX, Ensemble S. 21, Orquestra de Cámara de Odessa (Ucraína), Orquestra de Cámara e Orquestra Sinfónica de Astrakhan, Orquestra Sinfónica de Krasnoyarsk (Rusia).
A música de Rosinskij estreouse en salas da importancia de Musikverein e Konzerthaus (Viena), Auditorio Nacional de Música (Madrid), Philharmonie de Múnic, Auditorio de Tenerife, Palacio da Ópera (A Coruña), Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), Festspielhaus (Bregenz), Grosses Saal Konservatorium Insbruck, Grosser Saal Odessa Philharmonie, Teatro da Ópera Astrakhan e Philharmonie de Krasnoyarsk (Rusia), entre outras, con directores como Gianandrea Noseda, Josep Pons, Tuomas Olilla, Christoph Eberle, Gerard Korsten, Pietro Rizzo, Ingo Ingensand, Vassilis Christopoulos, Dima Slobodeniouk e interpretadas por solistas da altura de Hansjorg Schellenberger, Frank Stadler, David Quiggle, Jensen Lam, Sabine Winter, Ruslana Prokopenko, Vasili Marian, Abraham Cupeiro, Uxía Botana e orquestras como a Wienerkammerorchester, Orquestra Nacional de España, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica de Tenerife, Vorarlberg Symphonie Orchester, Orchester der Academie St. Blasius (Innsbruck), Symphonie Orchester Astrakhan, Orquestra Filharmónica de Krasnoyarsk.
Dende o ano 1995 vive na Coruña onde é viola da Orquestra Sinfónica de Galicia. É membro da SGAE dende 1996.
No ano 2013 fundou a Camerata da Orquestra Sinfónica de Galicia. Nos últimos anos dirixiu con esta formación concertos en varias cidades españolas: Oviedo, Xixón, A Coruña, Vigo, Lugo, Santiago de Compostela entre outras, con solistas como Tomas Demenga, Ilya Kaler, Amit Peled, David Villa, Frank Stadler.
No 2015 estreou: Concerto para violín e orquestra (Dornbirn, Austria; Santiago de Compostela, España); 2 Gedichte von Robert Schneider para soprano, clarinete e piano (Austria); Fluvius conscientia 2 para violín, viola eléctrica, guitarra eléctrica, batería e camerata (Santiago de Compostela). En febreiro de 2017 tivo lugar a estrea absoluta do Concerto-misterio para violonchelo, contrabaixo, Karnyx, orquestra e electrónica (en Vigo e A Coruña), obra por encargo da Fundación SGAE e a AEOS. En xuño de 2019 ten lugar a estrea absoluta de Música para cémbalo, frauta e clarinete (in Memoriam Dmitri Xvorostovsky) en Austria e Suíza e en xullo 2019 a estrea absoluta do Dúo para Viola`d`amore e terenin “Last Dawn” en Rusia.
A ecléctica música de Wladimir Rosinskij é o reflexo da súa propia vida, cuxo destino o levou dende o distante norte de Siberia, onde tocaba a batería en grupos de Rock e Big Band para ganar a vida e onde, cando non facía vento, os 40º graos baixo cero considerábase bo tempo, até A Coruña, onde só se puido ver a neve unha vez en 25 anos. Dende os seis anos empezou a ofrecer os seus primeiros concertos, até que chegou a estrear e interpretar a súa propia música nas mellores salas de concertos do mundo, como Madrid ou Viena. A Biblioteca Nacional de Austria, en Viena, cidade na que estudara composición na Wienner Hochschule con Erich Urbanner, garda todas as partituras manuscritas da súa obra até 2007.