O Club Cultural Valle-Inclán celebra as Letras Galegas nas Sesións de Filmoteca. 

Día 3 de maio: proxecta o filme Mudar de vida, de Paulo Rocha, en versión orixinal en portugués con subtítulos en galego.

Coescrita xunto a António Reis (e inspirada nos traballos de Manoel de Oliveira), é unha película cativadora, iluminada pola presenza de Isabel Ruth e a autenticidade dos pescadores locais.

Salón de Actos da Casa do Saber, mércores, día 3 de maio, en sesión de 19:30 horas. De balde.

O mércores, día 10 de maio, programa cine galego do que son protagonistas os lugueses Margarita Ledo Andión e Miro Casabella.

Parolar cun eu, de Xixela Franco- Margarita Ledo. Ano 2021. 20 min. VOG

Unha muller desprázase por unha cidade, Vigo. Cineasta, escritora, camiñante entre ruínas. Margarita Ledo. Busca un sinal que a leva á fábrica de cerámica Álvarez.

Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella, de Federico A. Rioboo. Ano 2022. 60 min. VOG

A aula de zanfona de Escolas da Terra de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago.

Salón de Actos da Casa do Saber, sesión de 19:30 horas. De balde.

En colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio asinado coa AGADIC.