«FOLĪA das ARDENTES» de Mondra, terá lugar o luns 15 de maio 20:00 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, no marco do Encontro de danza Universitaria conVIVO. A entrada é libre, ata completar capacidade.
A proposta de
Mondra é un espectáculo que combina música -a medio camiño entre os ritmos tradicionais e electrónicos- e danza.
No último trimestre do ano sairá o seu primeiro álbum de estudio, con 12 temas orixinais. Un álbum a cabalo entre a música tradicional e a electrónica, que contará con colaboracións de grandes artistas galegas como Fillas de Cassandra ou O Rabelo.
Trátase do seu primeiro proxecto en solitario, logo dunha carreira vencellada á música tradicional e ás artes escénicas desde neno.
Cantareiro e bailador, é docente de pandeireta e baile tradicional en diversas agrupacións e centros sociais ao longo do territorio galego.
Na actualidade, é parte do elenco de “DeMente” Fran Sieira, compañía de danza, como vocalista e bailador, o que o fixo aparecer na escena galega como unha fermosa sorpresa e unha das grandes revelacións dos últimos tempos.