Presentación en Lugo da XVIII edición do Viveiro Resurrection Fest.
O Resurrection Fest 2023 celebrarase do 28 de xuño ao 1 de xullo en Viveiro, co apoio da Deputación de Lugo, que achega un patrocinio de 150.000 euros
O luns 12 de xuño, a Praza de San Marcos de Lugo foi testemuña da emocionante presentación da XVIII edición do Viveiro Resurrection Fest.
Durante o acto deuse a coñecer todos os detalles sobre este tan esperado festival musical e déronse a coñecer algunhas novidades que farán desta edición unha experiencia inesquecible con Pantera, Slipknot, Ghost e Parkway Drive entre outros.
O codirector do festival, Iván Méndez, destacou a importancia do Resurrection Fest, que se atopa entre os 10 festivais máis importantes de España e é o máis grande no seu xénero rock e metal do país.
Este ano, o cartel contará con preto de 100 artistas repartidos en 4 días e 4 escenarios, entre os que se inclúen cabezas de cartel que ofrecerán actuacións únicas en España. Ademais, espérase a participación de 75 bandas internacionais, polo que é o festival con maior presenza internacional de Galicia.
Entre as novidades desta edición destacan a creación dun bulevar que imita tendas de discos históricas de todo o mundo, unha capela onde os afeccionados poden casar, concertos secretos de artistas internacionais e unha ampliación da zona de descanso para campistas.
O festival consolidouse como unha cita imprescindible no calendario internacional, combinando cultura, turismo vivencial e, por suposto, música.
O Resurrection Fest 2023 celebrarase do 28 de xuño ao 1 de xullo en Viveiro, co apoio da Deputación de Lugo, que achega un patrocinio de 150.000 euros.
Tanto o deputado en funcións de Promoción Económica e Social da Deputación, Pablo Rivera, como a alcaldesa en funcións de Viveiro, María Loureiro, valoraron positivamente o impacto económico e turístico que o festival ten na zona, así como o esforzo dos organizadores. e as forzas de seguridade para garantir o éxito e a seguridade do evento.