Novo sinxelo dos lucenses Terrae con Nastasia Zürcher. Saída 14 de xullo.
TERRAE recentemente galardoado como mellor grupo de música electrónica nos premios Martín Codax da Música é moito mais que música,tras os seus avatares atópanse un produtor e un DJ internacional que prefiren manterse no anonimato.
Dúas mentes coas ideas moi claras,a creación dun espectáculo en directo único e divertido que abarca disciplinas como a percusión, danza contemporánea e creación visual,mergullado en ritmos electrónicos con sonoridades tradicionais de todo o planeta.
Unha viaxe que achega ao home a natureza a través do baile ademais de dar un berro á conciencia colectiva para protexer e coidar o planeta.
Logo dos seus anteriores traballos chega ALUMEA, esta vez en colaboración coa enigmática vocalista Nastasia Zürcher, marcando o adianto do novo disco que sairá a comezos do 2024.
ALUMEA é unha inmersión na fusión de electrónica, resonancias andinas e voces etéreas en lingua galega.