O auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo estivo ocupado 110 días nos primeiros 6 meses do ano, unha cifra “moi positiva que demostra que o Auditorio Municipal é un dos principais espazos culturais da cidade, tanto para os eventos organizados polo concello como para os promotores privados”, según declarou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro
En total, o Concello de Lugo programou 78 xornadas con actividades no Auditorio, incluíndo ciclos como a programación teatral do primeiro semestre, a programación de Lugo en Danza, a Mostra de Teatro Clásico, o festival de teatro grecolatino ou a de teatro universitario, dando espazo a espectáculos gañadores dos principais premios de artes escénicas do estado, con dous premios MAX, outorgados pola SGAE aos mellores espectáculos de artes escénicas, e 5 premios Fetén
No tocante aos promotores privados, Maite Ferreiro explicou que o Auditorio foi utilizado en 32 xornadas para distintos espectáculos, con danza, humor, teatro, concertos ou actividades infantís.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte