ADIADO

«Triste nova para tod@s nòs!! Queda adiada a Feira do 48 polo mal pronòstico metereolòxico para a fin de semana! Pronto anunciaremos novas datas.» Cántigas e Frores

Volve a «Feira do 48» no 75 aniversario de Cántigas e Frores.
O quiosco da música da Praza Maior de Lugo será o escenario os días 9 e 10 de setembro dunha selección de actividades de música, baile, gastronomía, artesanía e vellos oficios

A Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza, co apoio das áreas de Cultura da Deputación e do Concello de Lugo, unha nova edición da Feira do 48, que se celebrará os días 9 e 10 de setembro na Praza Maior de Lugo.

Coa premisa de revivir o ambiente das feiras de antano, Cántigas e Frores programa dúas xornadas de actividade ao redor da música e do baile tradicional con actuacións e ruadas das súas propias formacións e doutros grupos de referencia como Os Carunchos ou Cantigas e Agarimos

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro animou “a todas lucenses e visitantes a desfrutar da Feira do 48, que se celebra nun lugar emblemático da cidade como é o quiosco da música“ e lembrou “o éxito de pasadas edicións para anticipar unha gran participación”.

A Feira do 48 toma como referencia cronolóxica o 1948, ano da fundación de Cántigas e Frores, que desde aquela ven traballando na promoción da música e do baile tradicional desde distintos eidos, incluída a ensinanza.

Maite Ferreiro, Rubén Arroxo e Iria Castro presentaron a programación deste ano xunto con integrantes de Cántigas e Frores.
Programa «Feira do 48» 2023

SÁBADO 9

11:48 Apertura feira

12:48 Pregón

13:48 Concerto do Coro Galego de Cántigas e Frores

18:48 Actuación do Grupo de Baile de Cántigas e Frores

19:48 Ruada co Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores, Murga de Cántigas e Frores e Pandereteiros de Cantigas e Agarimos

DOMINGO 10

11:48 Apertura da Feira

11:48 Pasarrúas

12:48 Concerto das Zanfoneiras de Cántigas e Frores

18:48 Concerto Banda de Gaitas de Cántigas e Frores

19:48 Ruada co Grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores e Os Carunchos