AGOSTO 2018 A IV Edición do Festival dos Eidos, terá lugar dende o 22 ao 26 de agosto no Courel, concretamente nas aldeas de Paderne, Seoane, Moreda e Parada, e conta máis de 70 actividades e preto de 100 artistas. Promovido pola Fundación Uxío Novoneyra e co apoio da Deputación de Lugo, algúns dos nomes destacados do mesmo son:
As poetas que participan nesta edición serán Olga Novo, Tálata Rodríguez, Teresa Moure, Olalla Cociña, Xiana Arias, Celia Parra, Nieves Neira, Genaro da Silva, Marco Paone, Paul Casey, Ciaran MacArtain, Michael O Callaghan, Sue Cosgrave, Katy DArcy, Rosy OReagan e Julie Goo entre outras.
Na música estarán Baiuca, Pelomono, proxecto spin-off de Guadalupe Plata, Atrás Tigre, Marco Foxo, Sumrrá e Anier, acompañados por DJ´s como Tristón e Sergio Canay, estas actuación serán para pechar as veladas de cada noite da programación.
No teatro estarán os portugueses Teatro da Madeira e o teatro de obxectos de Fantoches Baj. E na danza participa a referencia mundial Hisako Horikawa. Tamén haberá un programa de audiovisuais que farán dialogar o documentario e a poesía con «Vértice de Versos», «Versogramas», e unha selección de videpoemas seleccionados polos irlandeses “Winter Warmer”.
Ademais realizaranse visitas guiadas a Fundación Novoneyra, ao Souto do Rubial para o avistamento de paxaros, e unha visita-descobremento sobre os usos tradicionais das plantas autóctonas, e a Ferrería histórica. Tamén haberá conferencias ligadas ao feito literario-cultural, como Jorge Linheira e o profesor de Princetown, Germán labrador, gastrocultura, con degustacións de produtos galegos.
Recoñecementos
En abril de 2017 o Festival dos Eidos acadou o Galardón EFFE (Europe for Festival Festivals for Europe) que otorga a Asociación Europea de Festivais, dependente da Comisión Europea, aos eventos que representan boas prácticas no eido da creatividade, o social e o ambiental no continente. Así mesmo, como evento socio da rede LITFEST de festivais literarios en zonas isoladas, foi nomeado “Boa Práctica Europea” por parte da Axencia Europea de Educación e Cultura (AECEA), que xestiona os fondos Erasmus+ i Europa Creativa.