Programación de teatro e danza no Gustavo Freire primeiros meses 2024
A área de Cultura organiza 22 actividades culturais con contidos para diversos públicos que terán lugar entre o 11 de xaneiro e o 18 de maio
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación que terá lugar no Auditorio Municipal durante os primeiros meses de 2024.
Maite Ferreiro explicou que «contamos con máis de 20 actividades culturais con contidos para todos os públicos, que terán lugar entre o 11 de xaneiro e o 18 de maio”.
«Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación, e contaremos tamén con obras internacionais de calidade contrastada», explicou Maite Ferreiro, que engadiu «esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez, traendo a Lugo o mellor do teatro e da danza galega xunto cunha coidada selección de propostas premiadas en importantes festivais».
A programación inclúe en total 22 actividades, con 11 propostas para público adulto, 7 enmarcadas no ciclo Lugo en Danza, e 11 para público familiar.
Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo.
Programación para público adulto 1º semestre 2024
11 de xaneiro, 20:30
“HASTA QUE LA MUERTE NOS SEPARE” de [IN]CONSTANTES TEATRO
18 de xaneiro. 20:30h
“O PEQUENO PONI” de REDRUM TEATRO.
25 de xaneiro. 20:30h
“ENTREGA EN MAN” de CONTRAPRODUCIÓNS .
1 de febreiro. 20:30h.
“SOÑOS” de ARTEFEITO .
4 de febreiro. 18:30h
“BOA SORTE, MALA FAMA” de TARABELA CREATIVA .
8 de febreiro. 20:30h
“ASFIXIA” de VÓRTICE ESCÉNICO .
15 de febreiro. 20:30h
“DEADPAN KARAOKE” de IBUPROFENO TEATRO .
22 de febreiro. 20:30h
“VÍA MORTA” de CULTURACTIVA .
4 de abril. 20:30h
“CANCIÓNS AMARELAS, FLORES TRISTES” de MANEKINEKO .
11 de abril. 20:30h
“IRIBARNE” de BUTACAZERO .
18 de abril. 20:30h
“NOSO” de OS NÁUFRAGOS TEATRO .
25 de abril. 20:30h
“MADE IN GALIZA” de SARABELA TEATRO .
2 de maio. 20:30h
“4×4” de RON LALÁ TEATRO .
16 de maio. 20:30h
“O AUTO DO CASTROMIL” de PRODUCIÓNS TEATRÁIS EXCÉNTRICAS .
Programación ciclo Lugo en Danza (LED) primeiro semestre 2024
14 de xaneiro ás 20:30H
”DONAS” de CALI DANZA
26 de xaneiro ás 20.30h
“SOFÁ” de MARTA ALONSO TEJADA
9 de febreiro ás 20.30h
“VAIVÉN” de MARCIA VÁZQUEZ
1 de marzo ás 20:30h
“OUTRORA NÓS” de MEVADEUS
5 de abril ás 20.30h
“INVERNO” de COMPANHIA DE DANÇA DE ALMADA
27 de abril ás 20.30h
“MILLO VELLO” de AY CARIÑO
3 de maio ás 20.30h
“CEIBE” de FRAN SIEIRA DANZA
18 de maio ás 20.30h
“AFECTOS” de KIRENIA DANZA
Programación infantil primeiro semestre 2024
21 de xaneiro. 18.30h
“ÁNDALE! BON APPÉTIT!” de TEATRO GHAZAFELHOS.
11 de febreiro. 18.30h
“A ILLA DA DESLEMBRANZA” de ÁRTIKA CÍA .
25 de febreiro. 18.30h
“CASTELAO” de CULTURACTIVA .
14 de abril. 18.30h
“MONSTROS” de PRODUCIÓNS TEATRÁIS EXCÉNTRICAS .
21 de abril. 18.30h
“MAMUT” de MARKELIÑE.
19 de maio. 18.30h
“NANAI DA CHINA” de PÉREZ & FERNÁNDEZ.
Programación ciclo de Primeira Infancia semestre 2024
28 de xaneiro. 17h e 18.30h
DADADOO, CANTO A LA LUNA LLENA” de CÍA LA CLÁ. (2 pases).
2 de febreiro. 17h e 18.30h
“ALMA” de LABÚ TEATRE. (2 pases).
28 de abril. 16.30h e 18.30h
“BAJAU” de PONTEN PIE. (2 pases).
5 de maio. 17h e 18.30h
“ÑAM” de CARAMUXO TEATRO. (2 pases).