Programación do Entroido 2024 en Lugo

Neste artigo podes atopar información sobre a programación do entroido da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, as bases dos concursos de disfraces, os obradoiros do Vello Cárcere, o X premio de Animación de Rúa no Antroido organizado pola Asociación Lugo Monumental e outras propostas.

A partir do día 2 de febreiro e ata o día 12, celebrarase o Mercado de Produtos Tradicionais propios desta época de Entroido, onde as cachuchas e os cimos inundarán o Mercado Tradicional dos martes e venres na Praza de Abastos.

Sábado 3 e Domingo 4 de Febreiro

Campeonato de futbolín “Mestres do Norte” na Praza de Abastos.

Venres 9

20h. Pregón e actuación de Condensadores de Fluzo.

21.30h. Charanga “Louband” polo recinto histórico.

Sábado 10.

12.30h. “Peterpunk e o neno imperdible” da Compañía As Monchas na praza Maior.

17h. Desfile infantil na praza Maior coa actuación de Tambukda e Patty Diphusa.

21.30h. “Bloco Meigallo” polo recinto histórico.

Domingo 11.

12.30h. “ O último” de A Vela Circo na praza Maior.

Luns 12.

18h. Gala de circo Introitus, coas actuacións de; Kanbahiota, Lila Star, Isla Letriska e Paco Nogueiras na praza Maior.

21.30h. “Bloco Meigallo” polo recinto histórico.

Martes 13.

11h. II Festa da filloa. Na rúa Quiroga Ballesteros. Das 11h ás 14h e das 16h ás 19h. Con actuacións musicais.

12.30h. “Rogelio, un paiaso en recuperación” na praza Maior.

17h. Desfile adultos/as na praza Maior coa actuación de Tambukda.

Mércores 14.

20h. Enterro da Sardiña e 19º Concurso de ferretes. Saída desde o Círculo das Artes.

Actividades do Entroido promovidas por Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo

Presentación do Entroido de Lugo 2024

O Alcalde en Funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto á concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, e á concelleira de Participación, Cristina López, presentou a programación elaborada polo Concello de Lugo para o Entroido 2024. Ferreiro destacou que "para facilitar a participación da veciñanza", o pregón do Entroido terá lugar na praza Maior, "repetindo a iniciativa posta en marcha hai dous anos e que foi un gran éxito".

BASES DOS CONCURSOS DE DISFRACES DO ENTROIDO DE LUGO 2024: