Fotografías – Entroido Lugo 2023

Fotos: Loopez – instagram – 

Concurso de disfraces adulto

O gran concurso de disfraces foi o prato forte da programación do martes de Entroido, dentro das actividades organizadas pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

O xurado estivo composto por Ana Carreira Varela, contacontos; Elena Sánchez Tendás, representante da EASD Ramón Falcón e Juan José López Martínez Lomarti, pintor.

Nas categorías Individual e Parellas, repartíronse os 3 premios, recaendo o primeiro (500€ en Individual e 600€ en Parellas) para León e o seu domador dos carozos de millo (individual) e Vaia circo montou o Mimosín (parellas), o segundo (300€ en Individual, 400€ en Parellas) para O protector da natureza (individual) e A parella do xardin (parellas), e o terceiro premio (200€ en individual e 300€ en parellas) para Dama do rural (individual) e Circus-Cus(parellas).

As comparsas gañadoras foron Viaxa con nós (1º premio, 1.100€), Deuses do antigo Exipto (2º premio, 800€) e Vai de balcóns (3º premio, 600€)

A maiores, na categoría individual entregáronse 3 accésits, valorados en 50€ cada un para Vou camiñando Moria, Hulk Ragnasok e Deusa do mar. 

Na categoría de parellas entregouse tamén 5 accésits valorado en 100€ para En busca do Dourado, Polbo á feira, Domadoras de leóns, Son de mar Glu, glu! Coma peixes na auga!. Na categoría de Comparsas entregáronse sete accésits de 200€ aos grupos Casa Jubenolare, Circo Musdavan, O tragabolas, Os danzantes do Entroido, O bosque encantado de Bóveda, Futuristas Inconformistas e Circo Monolus.

Concurso infantil de disfraces

Un ano máis polo sábado de Entroido celebrouse o tradicional concurso de disfraces infantil organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. 

O bo tempo acompañou á tarde festiva e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosas veciñas e veciños.

A festa non faltou durante un desfile moi animado con celebradas coreografías que abrangueron desde o último tema de Bizarrap e Shakira ata a música dos 80. 

Os participantes fixeron gala de gran imaxinación con elaborados traballos como o equipo V, as Tartarugas Ninja ou a familia Bros. Nas personaxes nas que se inspiraron os nenos lucenses tivo un enorme peso a exploración espacial, con ata 3 disfraces distintos.

O cine tamén foi fonte de inspiración e non faltou a familia Addams, a ourizo de Canta 2 ou os Dálmatas. Durante a deliberación do xurado, formado por Lourdes Abuide, xornalista, Iago Eireos, artista gráfico e Cruz Lago, profesor da EASD Ramón Falcón, a festa continuou cun desfile no que participaron todas as nenas e nenos que acudiron disfrazadas mais que non participaron no concurso.

O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron quince persoas. Nesta categoría establecéronse tres premios e os agraciados foron os seguintes:

  1. Bender, 11 anos cun premio por valor de 100€
  2. A palomiteira festeira, de 10 anos cun premio por valor de 80€
  3. Puchos Tolos, 5 anos, cun premio por valor de 50€

Na categoría de disfraces por parellas foron cinco as que decidiron presentarse, entre as que se repartiron os seguintes premios: 

  1. Mércores e a súa cousa (Ariadna e Naiara Fernández, de 10 e 6 anos) cun premio por valor de 150€
  2. A Música dos 80 (Bruno e Xoel Otero, 8 e 5 anos) cun premio por valor de 120€ 
  3. Ensalada (5 e 6 anos) cun premio por valor de 90€

O desfile rematou co paseo das nove comparsas que se presentaron. Ducias de nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados, así como polas animadas coreografías.

Os premios repartíronse do seguinte xeito: 

  1. As variñas Tolas, con 9 compoñentes a partir de 4 anos, cun premio por valor de 240€
  2. Space Cookies, con 5 compoñentes entre 4 e 7 anos, cun premio por valor de 180€
  3. Cuesta abajo y sin frenos, con 12 compoñentes a partir de 3 anosm cun premio por valor de 140€

Os premios consisten en dous vales, un que pode ser canxeado por libros ou material escolar e outro para canxear en actividades culturais e de lecer.