Concerto de @elba.souto dentro do @lugocultural

Mércores 1 de marzo ás 20:30 horas na Casa do Saber. Entrada gratuíta.

Oscilando entre o clásico e o actual, entre o pop de radiofórmula e a vangarda ou entre Mecano e Wendy Carlos, ELBA é unha das voces máis singulares dentro do panorama galego e nacional.

Graduada en violín e canto lírico, a cantante e productora santiaguesa Elba Souto, constrúe o seu mundo e o seu propio selo de identidade marcado polo uso de sintetizadores, voces atmosféricas ou elementos operísticos, abarcando tamén coa súa marcada estética outras disciplinas artísticas como a danza, a cinematografía ou as artes plásticas. Proba fefacente disto é o seu primeiro LP «La Magia Natural», composto e producido integramente pola artista.