Catuxa Salom no concerto do Lugo Cultural na Casa do Saber. Foto: VivaLugo

Nova edición do ciclo de concertos Con Voz de Muller 8-M, unha iniciativa coa que a Deputación de Lugo achega aos concellos da provincia música en feminino con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo.

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, subliña que esta iniciativa musical tivo “moi boa acollida o ano pasado, polo que decidimos reeditala, para celebrar o Día da Muller favorecendo a visibilización e o empoderamento das mulleres a través da música”.

A institución provincial contará nesta segunda edición de Con Voz de Muller 8M coa Banda da Loba, un grupo de cinco mulleres que unen pop, blues, folk, rock e sons tradicionais que converxen nun estilo singular; Caamaño e Ameixeiras, que conectan o violín e o acordeón para facer música folk en galego; Catuxa Salom, que dende unha pequena aldea xera un estilo electrónico que fusiona o folklore galego con ritmos tribais mezclado con coros de armonías; e
Margarida Mariño, quen renova os sons do violonchelo clásico con pedais de efectos, voces, loops e electrónica.

Concellos, días e horas

Vilalba – Concerto da Banda da Loba
Data: Venres, 3 de marzo ás 20.30 horas
Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Taboada – Concerto de Caamaño&Ameixeiras
Data: Sábado, 4 de marzo, ás 19.00 horas
Lugar: Praza Riazón

A Fonsagrada – Concerto de Catuxa Salom
Data: Domingo, 5 de marzo, ás 19.00 horas
Lugar: Salón de Actos dos Chaos

Viveiro- Concerto de Margarida Mariño
Data: Domingo, 5 de marzo, ás 19.00 horas
Lugar: Teatro Pastor Díaz