A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organizaa cuarta edición de Celme de Zanfona, un encontro ao redor deste instrumento milenario, que se desenvolverán do 12 ao 15 de setembro no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.
As inscricións para participar nas clases maxistrais e nas actividades pechadas do programa poden realizarse a través do enderezo electronico
celmedezanfona@gmail.com
O encontro terá como eixo temático o papel dos cegos cantores como portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media.
Músicos e investigadores da tradición oral como Anxo Pintos, Miro Casabella, Iván Abal, Óscar Fernández ou Félix e Castor Castro Vicente impartirán diferentes clases maxistrais e relatorios sobre o repertorio, os recursos técnicos e expresivos e o contexto en que se desenvolveron estes músicos itinerantes ao longo da historia.
O programa inclúe un espazo destinado a instrumentais emerxentes como María López Carballo ou Carme Romero Díaz, un concerto de cantos de cegos de Galiza e Portugal e un espectáculo teatralizado de Quico Cadaval qe recrea a alianza dos cegos cantores coa arte dos monicreques.
O Celme de Zanfona conta ademais nesta edición cun amplo programa de actividades complementarias que se desenvolverán ao longo do ano, artelladas ao redor da exposición Pregos de Cordel: Crimes, Monstros e Milagres, con materiais e documentos do Arquivo Castro Vicente que amosan as cualidades formais, editoriais, literarias e relativas a estampa deste xénero.
O vicepresidente da Deputacíon de Lugo Efrén Castro valorou “a consolidación deste encontro que puxemos en marcha coa intención de dinamizar e proxectar o patrimonio musical do Centrad, reunido na Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros, e a bagaxe de formación e investigación que a institución provincial acumulou durante décadas grazas ao obradoiro de construción de instrumentos, pioneiro na recuperación da zanfona”
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte