Reportaxe fotográfica – O Celme de Zanfona de Lugo referente mundial

Unha reportaxe patrocinada por: Vicepresidencia Deputación de Lugo.

O Centro de Artesanía e Deseño organizou, coa colaboración da Vicepresidecia Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concello de Lugo, a terceira edición de Celme de Zanfona, tres días de conferencias, clases maxistrais e concertos ao redor deste instrumento milenario, do 12 ao 14 de maio en Lugo.

Músicos e investigadores da música tradicional como Germán Díaz, Efrén López, Pablo Pascual, Suso Vaamonde, Miro Casabella, David Bellas, Iván
Abal Pulleiro, Vítor Soto ou Xosé Luis Rivas Cruz… participaron con exercicios novidosos como o concerto de creación electroacústica Novas Músicas que fundirá folclore e tecnoloxía.

Celme de zanfona deu tamén a benvida a unha nova escola de zanfona posta en marcha pola agrupación histórica “Cántigas e Frores” de Lugo, á
que se lle dedica o deseño dun modelo básico de zanfona bautizado co nome de Esencia.

O encontro, coordinado por Luciano Pérez, acolleu dúas clases maxistrais de zanfona, a cargo de Vítor Soto, e outra de canto, con Xosé Luis Rivas Cruz

O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro explicou que “esta terceira edición asenta un encontro que xenera un intercambio moi interesante para músicos e investigadores da música tradicional e que supón unha oportunidade para dar a coñecer á cidadanía de Lugo e do resto de Galiza o patrimonio musical do Centro de Artesanía e Deseño, pioneiro na recuperación do instrumento”.