Música, danza, comida, viño, paseos, conferencias e moita, moita literatura foron os protagonistas do programa “Ulises pasea por Lugo”, que conmemorou o centenario da “Ulíses” de James Joyce, a fin de semana do 19 ao 21 de maio en Lugo (e outras 18 cidades europeas)

Escritoras, poetas, tradutores, bailarinas, músicos, cociñeiros, académicas ou labregos participaron en máis de 20 actividades na Praza de Abastos, o Círculo das Artes, O Vello Cárcere, a Pza Maior, a Rúa Nova, a Pza do Campo e outros lugares da cidade.

Ulysses European Odyssey é o primeiro programa Europa Creativa de cooperación cultural a grande escala no que participa a cidade de Lugo, en colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra.

Promoven: Fundación Uxío Novoneyra e Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo

FOTOS – Capítulo 1 -: Loopez.