Lugo Máxico 2024 – Programación
Achegará 17 actividades de balde que terán lugar entre o 10 e o 15 de setembro, ademais de distintas actividades nos centros escolares de Lugo e no HULA.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co Mago Antón a edición 2024 do festival de maxia de Lugo:
«unha cita totalmente consolidada no calendario cultural de Lugo e que axuda a estimular a imaxinación e a capacidade de concentración dos e das máis cativas».
Ferreiro destacou que «durante catro días chegarán a Lugo unha serie de magos de gran calidade e recoñecemento, tanto galegos como do resto do estado e do mundo».
PROGRAMACIÓN
O Lugo Máxico 2024 achegará 17 actividades que terán lugar entre o 10 e o 15 de setembro, ademais de distintas actividades nos centros escolares de Lugo. O HULA acollerá sesións de maxia o venres 13 a partir das 13.00 horas cos magos Kayto, Marcos Waldemar e Xulio Merino.
A primeira actividade terá lugar o 10 de setembro, a partir das 20:00 no Vello Cárcere coa conferencia divulgativa de Paco González, «as estancias do Asombro».
A divulgación sobre a maxia continuará o domingo 15 co obradoiro «Quiero ser maga» de Sara Rodríguez, tamén no Vello Cárcere.
Os magos poderán asistir a unha conferencia especializada a cargo de Joaquín Matas o 14 de setembro a partir das 12:00 no Hotel Mercure.
O Vello Cárcere acollerá a exposición «O gabinete de curiosidades», do mago Paco González, que contará con visitas guiadas os días 11, 12 e 13 de setembro (11:00 e 12:30 para escolares, 17:30 e 19:30 para adultos),¡.
Haberá 4 actividades de maxia na rúa, co mago Kayto e o seu espectáculo «Alokayto», que se poderá desfrutar aa praza maior o 11 de setembro ás 19:00, o 12 de setembro ás 13:00 na praza Maior e ás 20:00 na praza Agro do Rolo e o 13 de setembro ás 18:00 na praza do Castiñeiro.
Adrián Conde traerá o seu espectáculo «Intríngulis» á Mosqueira o 12 de setembro ás 19:00.
GALAS
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo: www.vivalugo.es
O Lugo Máxico contará en total con 5 galas, comezando o 13 de setembro a partir das 12:00 coa gala para escolares, que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a cargo de Ricardo Frazer.
O Gustavo Freire acollerá tres galas máis, abertas a toda a veciñanza, comezando o 13 de setembro a partir das 20:30, Joaquín Matas desenvolverá o seu espectáculo «intimagia».
O 14 será o momento da gala Waldemar (20:30), presentada por Xulio Merino, e que contará coa participación dos magos David Méndez, Román García, Marcos Waldemar, Luís Boyano e Bruni Tarnecci,
Pecharán o LugoMáxico, o 15, coa gran gala Lugomáxico, ás 19:00, Xulio Merino, Joaquín Matas, Ramó&Alegría, Joshua Kenneth e Gonzalo Albiñana, presentados por Luís Boyano.
Ademais, haberá unha gala no Mesón do Forno o 13 de setembro a partir das 22:30, presentada por Marcos Waldemar e na que participarán Xulio Merino, Román García, Joaquín Matas e Bruno Tarnecci.
Todas as actividades do Lugo Máxico 2024 serán gratuítas e de acceso libre ata completar a cabida do recinto, agás as galas do Auditorio Municipal Gustavo Freire, cuxas entradas estarán á venta no portal entradaslugo.es ,a un prezo de 3€, a partir do martes 10 ás 16h.
Web oficial https://lugomaxicooficial.com/
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo