Unha vintena de obradoiros venden os seus produtos no Artesanfroilán 2024
A feira de artesanía permanecerá aberta ata o 12 de outubro na Praza Anxo Fernández Gómez en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Obradoiros participantes
Senda Coiro
Javier de Castro Rodríguez dende os seus inicios no ano 1990 xunto a artesá Adriana Romaní Posse (dende 2003) son os artesáns que compoñen
este taller de marroquinería situado en Pobra do Brollón.
Dende hai maís de 30 anos traballan con curtido vexetal ecolóxico mediante diferentes técnicas como o repuxado contemporáneco , grabado, cosido de guarnicionero e , especialmente, o “ahormado “ do coiro.
Máis recentemente desenvolven o seu traballo artesanal nunha nova disciplina como é o metal con técnicas como da forxa, segueteado, embutido ou pulido para a creación de pezas como pendentes, aneis, colgantes ou pulseiras.
Regal Cerámica
Regal Cerámica, cuxa traxectoria se iniciou na década dos 70, celebrou en 2023 os 41 anos como obradoiro arteán situado na actualidade dentro do Complexo Cultural e Museístico “Regal Xunqueira”.
Logo desta ampla traxectoria Regal Cerámica logrou un gran recoñecemento que lle permite vender as súas pezas en tendas especializadas e galerías de toda España, parte de Europa , América e Asia.
Bolboretas de coiro
Baixo a impronta deste obradoiro artesán atópase a artesá Mercedes Buján Paredes que comezou no mundo do coiro de xeito autodidacta no ano 2007.
Fiel ao nome da súa empresa , Bolboretas de coiro, moitas das pezas representan a este insecto en forma de colgantes, pasadores de pelo ou broches.
Sen embargo o traballo do coiro realizado dende este obradoiro tradúcese nun amplo rango de produtos que van dende a elaboración de complementos como carteiras, , bolsos, riñoneiras a produtos de papelería e escritorio , como fundas de cadernos ou marcapáxinas e algúns pequenos elementos decorativos como xarróns con flores ou as bolboretas.
Cocerello Artesanía Natural
Desde o 2001 que comezou só con madeira ata hoxe en día que traballa todo tipo de materiais tendo á venda, por exemplo, produtos de coiro, metal ou cerámica feitos con materias primas de primeira calidade e coas mans de Alberto López, desde o seu taller de Xustás.
As pezas caracterizanse por un deseño moi persoal, moi recoñecible grazas ás cores primarias que utiliza en todas elas.
Tres caracoles
Proxecto unipersoal que xurdiu ano 2012 como como unha homenaxe a esa taberna florentina na que Leonardo da Vinci traballou de cociñeiro.
O aspecto máis destacable deste obradoiro é o seu estilo diferencial baseado en diseños minimalistas , debuxos conceptuais , un poderoso uso da cor e nunha materia prima de calidade.
Elaboración de pezas aplicando técnicas tradicionalmente vinculadas a outro tipo de artes como a pintura ou o modelado
A través da participación en eventos internacionais as pezas de Tres Caracoles exhibironse por parte de Europa, América e Asia.
La Mosquita Muerta
Este obradoiro artesán constitúe o novo proxecto da artesá Mónica García Grandío, cuya traxectoria no eido da artesanía comeza no ano 2012 mediante a realización de broches representativos da cultura galega.
Ante o éxito acadado creou a súa propia marca , primeiro como “Mis Marinillas” e dende o 2023 como “ La Mosquita Muerta”.
Trátase dun obradoiro artersán adicado ós complementos de moda , de pezas únicas creadas artesanalmente cunha grande variedade de produtos de primeira calidade e máximo coidado na súa elaboración pero, cuxa especialidade, son os bolsos.
Enxógate
Como gran afecionado ós xogos tradicionais e de inxenio, o artesán Antonio Fernández Vicente en xuño de 2013 decide crear en Quiroga o seu propio taller baixo o nome de “Enxógate” coa finalidade de investigar e fabricar xogos e xoguetes combinando xogos da súa infancia con situacións e personaxes actuais.
Mediante este proxecto , preténdese mellorar as capacidades humanas mediante o emprego da destreza , o inxenio e a lóxica.
Asemade, Antonio dispón dun “ Espacio” como taller de fabricación, exposición e venda dos seus produtos.
Vidal Revilla
Vidal Revilla Villegas comeza a súa actividade profesional no traballo artesán do coiro de forma autodidacta no ano 1985.
Traballa el só no seu taller, no que realiza todo o proceso a man; investiga o oficio tradicional e trata de recuperar procedementos que están a piques de perderse.
No seu stand poderanse mercar artigos como maletíns, bolsos, mochilas, maletas…
Todos os artigos están realizados con peles de vacún de primeira calidade, curtición 100% vexetal de produción nacional, peles de ovino e porcino para forros e herrajes de latón aceiro e zamak.
Iria Pigueiras -Imavi
Orixinal proxecto de complementos artesanais nos que a artesá Iria Pigueiras Vilar plasma a súa visión persoal do que a rodea e nos que da forma ao que imaxina.
Afincada dende o 2008 na parroquia vilalbesa de Santaballa , esta vivairense baseou a súa artesanía nas formas da natureza , con orixinalidade e un marcado carácter propio que transmite nas súas creacións, principalmente complementos artesanais de bixutería.
Un traballo artesanal no que mestura o modelado de arxila polimérica con diferentes técnicas de transferencia, caligráficas ou decoración con pintura pasando pola combinación de elementos naturais e textiles.
Fonte Meimil
A mindoniense Esther Díaz Vidal coa súa marca Fonte Meimil ven desenvolvendo dende o ano 2007 un importante traballo de creación e producción propia no eido do coiro realizado de forma totalmente artesanal.
É a propia artesá a encargada do deseño e da elaboración dos produtos de xeito totalmente artesanal empregando pel de tenreira de curtido vexetal e , sempre confeccionando artigos funcionais que van dende bolsos ata carteiras , pasando por axendas , espellos , chaveiros, pendentes… aínda que o produto máis característico sexan os torques de coiro.
Amigurumis Jano
Alejandro García Lourés é o artesán que se atopa baixo a marca Amigurumis Jano.
Neste obradorio o público poderá atopar Bonecos de ganchillo feitos á man.
Personaxes de anime e outras creacións propias feitas con lá sobre a tradición cultural e musical de Galicia.
A través dos seus bonecos, Jano recrea personaxes de ficción,músicos, animais aínda que unha das súas especialidades é crear bonecos de xente real , xeralmente a partires dunha foto; sen obviar, en todo caso, os deseños personalizados realizados por encargo.
Patapúm
Baixo este proxecto artístico de máis de vinte anos sempre ao redor da pintura sobre difererntes soportes está o artesán Ramiro Rodríguez Domingo.
Actualmente centra a su producción na creación de roupa de algodón e liño.
Prendas deseñadas e feitas con materias que priorizan o orgánico , e para as que utiliza tintes directos sen reactivos químicos.
Roupa pintada con pincel , organizada en pequenas coleccións de pezas únicas.
Ceniza de papel
Este obradoiro artesán liderado dende decembro de 2019 pola artesá María Josefa Sáchez Castedo xurdiu coa finalidade da búsqueda de formas de
transportar imaxes de fotografía analóxica experimental obtida con medios básicos a un soporte perdurable como a cerámica.
Para acadar una boa calidade fotográfica este obradoiro artesán utilíza un sistema baseado na sustitución do tóner convencional por cerámica e na utilización de medios de impresión específicos , que logo se trasladan as pezas creadas caracterizadas por cores suaves, formas clásicas e funcionais e cun uso utilitario.
Portomañekos
Taller artesán encabezado pola artesá Margarita Portomeñe Pérez especializado na creación , diseño , restauración e mantemento da imaxinería festiva popular, aplicando as técnicas tradicionais dos artistas falleros, tanto na restauración de pezas novas como na creación de novas obras e empregando como material principal o cartón pedra.
En concreto, cómpre salientar a restauración e construción de cabezudos e xigantes, incluíndo o diseño e confección do vestiario .
Lucecús
Este obradoiro artesán inscrito no ano 2017, aínda que cunha ampla traxectoria anterior, está formado polas irmáns Belén e Rocío Barral Valiña que centran o seu traballo na elaboración de bonecos empregando como materias primas o feltro, o fío de algodón, o ganchillo ou a lá e combinando diversas técnicas como o afieltrado de lá ou o tecido do revés para alcanzar o mellor resultado en cada peza.
As súas creacións inspíranse na cultura popular e son personalizables , ata o punto que elas mesmo crean a roupa e os complementos para os seus bonecos.
Mi madre no me deja
Baixo este orixinal nome defínese un obradoiro artesán creativo con esperiencia en diferentes ámbitos artísticos , artesanais e docentes constituído en 2015 por Alejandra Iglesias Suárez e Rebeca López López.
Este obradoiro adícase fundamentalmente á decoración e creación de pezas cerámicas de autor e á serigrafía artesanal.
No traballo cerámico resaltan as vaixelas, pezas de escultura decorativa e premios.
En canto á serigrafía estampan as súas propias e orixinais ilustracións en obxectos de uso cotíá nos diferentes materias cos que traballan, unindo deseño, arte e artesanía.
La Bellota Mágica
Inmaculada Díaz Cabado é a responsable do Taller La Bellota Mágica inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia en 2016 pero cunha ampla traxectoria anterior no eido da cerámica.
O catálogo de produtos á venda é moi amplo, pero todos eles destacan pola forte presenza da cor e a fantasía.
Cada peza é realizada a man con distintas técnicas de modelado e escultura combinadas co torno oleiro e empregando como materias arxilas de alta temperatura combinadas, en ocasións, con materias recilados como a madeira refugada.
Rappa Taller
Este obradoiro artesán situado en pleno centro de Lugo está liderado polo artesán José Ramón Lleó Fissure con máis de 40 anos de experiencia
profesional adicado á creación e fabricación de distintos artigos de coiro, en concreto, obxectos fortes e útiles de uso na vida cotiá (bolsos, moedeiros, chaveiros, fundas…) elaborados con curtido vexetal.
Estes produtos están cosidos a man para que sexan máis sostibles e estéticos. Ademais Ramón Lleó compaxina o seu labor produtivo coa elaboración de encargos personalizados , a restauración de pezas antigas e a impatición de cursos dirixidos ó público en xeral.
A Sariña Maquinando
Este proxecto iniciado pola xove artesá Sara González Grandío de artesanía textil que ofrece unha alternativa artesanal , ética e sostible.
Artesanal porque os seus produtos están feitos a man coa única axuda dunha máquina de coser.
É Ética porque aposta polo consumo responsable e o valor do local .
Finalmente, é sostible porque a maioría das teas que se empregan son retais, mostrarios ou teas rescatadas en bo estado ou , inclusive, creando produtos de calidade e durabilidade que permiten a súa reutlización coa finalidade de xerar os menos residuos posibles para coidar a boa saúda do planeta.
Esquina Atlántica SL
Este obradoiro é un taller artesán creado en 2018 polo ceramista e alfareiro Marcelo Scapinachis.
Esquina Atlántica é un obradoiro de cerámica artesanal porque todo o proceso produtivo é artesanal , tanto no modelado das figuras como no esmaltado.
Cerámica de carácter utilitario que inclúe tamén o deseño personalizado de agasallos para empresas e detalles para vodas e bautizos.
Resaltar igualmente a importante actividade divulgativa do oficio de ceramista mediante explicacións xenéricas ou a realización de demostracións con barro e fotografía.
Artesanía do Pasatempo
Ubicado nun sitio histórico singular como é a Ponte do Pasatempo en Mondoñedo e dentro dun amplo proxecto como a Ruta de Artesanía do Barrio dos Muíños desta mesma cidade, a artesá María del Carmen Juncal Cabaleiro creou o seu propio taller artesán: “Artesanía do Pasatempo”.
Un taller orixinal no que se crean pezas de cerámica , feitas a man, con técnicas e esmaltes específicos para cada un delas e con diversas técnicas de decoración para conseguir obxectos irrepetibles.
Cunqueiro
Este obradoiro artesán situado en Palas de Rei está rexido polo artesán Hussein Aali- Taleb.
A pesares da súa xuventude, Hussein é xa un torneiro plenamente consolidado que ofrece un amplo abanico de produtos nos que destaca a importancia da madeira empregada, sempre autóctana, especialmente con bidueiro, fresno e carballo, aserrada en taboleiros e secada ó aire libre sen ningún tipo de tratamento químico .
Sen prexuízo dos diferentes encargos que recibe ( lámpadas de carballo, bandexas e cuncos de bidueiros, ou utensilios de cociña…), este artesán tamén realiza deseños de pezas que pertencen a súa propia colección.