Fotografías – San Froilán 2024 na mirada de Sara Temes
Viva o San Froilán 2024 – A mirada de artistas lucenses sobre as festas.

Este San Froilán 2024 contamos con: Iago Eireos Carlos Maira Teijeiro Iván Mouronte Esther López Alvarez Bego Pérez Alejandro Real Sara Temes e o Loopez para mostrar coa súa mirada fotográfica as festas.

Viva o San Froilán, proxecto deste medio dixital que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses. Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.

VIVA O SAN FROILÁN 2024 - FOTOGRAFÍAS DE SARA TEMES

En breve máis fotografías de Sara na  web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/

SARA TEMES

Fotógrafa | Directora de fotografía

O seu traballo abarca dende a fotografía de retrato ata a fotografía de rúa, onde se centra en capturar momentos atípicos na vida cotiá, especialmente no contexto lucense. A súa mirada busca achar o extraordinario no común, plasmando escenas que a miúdo pasan desapercibidas.

Paralelamente, traballa no ámbito audiovisual, participando en proxectos de ficción e musicais como directora de fotografía, así como tamén de foto fixa e auxiliar de cámara.

https://www.saratemes.com/

https://www.instagram.com/saratemes/