Fotografías Viva O San Froilán Luns 07 Outubro 2024

LUNS 7 (DÍA DOS MAIORES) – SAN FROILÁN 2024

12:00 Pasarrúas de Foliada de Bosende polas rúas Progreso, Raíña, San Marcos, praza de Ferrol, Campo Castelo, San Pedro e Mártires de Carral.

18.00 H. Verbena coa orquestra STEREO na praza Maior.

20.00 H. Concerto de Mr. Hathaway na praza da Mosqueira.

20.00 H. Pasarrúas de Reviravolta polo recinto histórico, rúa Nova e Tinería.

21.00 H. Concerto de CLUB DEL RÍO na praza de Santa María. Ás 20.00h Teloneiros: Nebra.

21.30 H. Concerto de Beach Avenue na praza da Mosqueira

Máis fotografías deste día do San Froilán en: https://www.vivaosanfroilan.com/

Viva o San Froilán 2024
A mirada de artistas lucenses sobre as festas.

Chega unha nova edición do Viva o San Froilán, proxecto deste medio dixital que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses.

Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.

Este San Froilán 2024 contamos con:

Iago Eireos

Carlos Maira Teijeiro

Iván Mouronte

Esther López Álvarez

Bego Pérez

Alejandro Real

Sara Temes

e o Loopez para mostrar coa súa mirada fotográfica as festas á súa maneira.
 

Ademais, como cada ano, a agardada ilustración conmemorativa de Iván Mouronte.

Visita web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/