
Fotografías Viva O San Froilán Venres 04 Outubro 2024
PROGRAMA VENRES 04 SAN FROILÁN 2024
10.00 H. III Feira de Olería Lugo Tradicional (FOLT) na praza Santo Domingo (fronte á Praza de Abastos) até ás 21.00h.
17.00 H. VIII ESPAZO HIP HOP con batalla de galos e as actuacións de GUFI + LA NASA + DOMINGUEZ FLACO + SOSAD.97, na praza da Mosqueira das 17h ás 01.30h
18:00 XII Desfile de Gando tradicional do San Froilán. Percorrido: tramo peonil da ronda da Muralla, praza da Constitución, Campo Castelo, praza Maior e Bispo Aguirre. Coa actuación de A Volta do Agro.
20.00 H. Pregón a cargo de LUZ DARRIBA no balcón da Casa do Concello.
20.30 H. Os Pelúdez entre nós + Xigantes e Cabezudos + A volta do agro no pregón, na praza Maior e Campo Castelo.
21.00 H. Pasarrúas de Cántigas e frores pola Tinería, rúa Nova e praza da Soidade.
21.0 0 H. Concerto da BANDA FILHARMÓNICA na praza Santa María.
22.00 H. Concerto de FILLAS DE CASSANDRA na praza Horta do Seminario. Ás 21.00h Teloneiros: Verter GZ.
23.00 H. Concerto de LA PERRA BLANCO na praza Santa María.
00.30 H. FESTICULTORES na praza Santa María.
Máis fotografías deste día do San Froilán en: https://www.vivaosanfroilan.com/
Viva o San Froilán 2024
A mirada de artistas lucenses sobre as festas.
Chega unha nova edición do Viva o San Froilán, proxecto deste medio dixital que conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, para dar visiblidade aos artistas lucenses a través das Festas do San Froilán e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses.
Ademáis ten por obxecto a creación dun arquivo dixital – fotográfico e de ilustracións – con valor histórico das nosas festas.
Este San Froilán 2024 contamos con:
Ademais, como cada ano, a agardada ilustración conmemorativa de Iván Mouronte.
Visita web oficial: https://www.vivaosanfroilan.com/
Proxecto de Viva Lugo que conta co apoio de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo