Presentouse a 34 edición do Festival de Jazz de Lugo, que se celebrará do 1 ao 17 de novembro, como cada mes de novembro, de forma ininterrompida, dende 1991, convertíndose nun dos principais fitos culturais das últimas décadas da cidade de Lugo.
A lenda do jazz Bill Evans, a saxofonista nominada a tres Grammys Lakecia Benjamin, a multipremiada directora e compositora María Schneider, o tamén saxofonista Vincent Herring, o virtuoso trompetista Jeremy Pelt ou o icónico cantante Kenny Washington, son algún dos representantes do jazz internacional máis destacados, sen menoscabo de grandes propostas do jazz nacional como a de Tana Santana Quinteto, Savoy Club Big Band ou a volta a cidade do recoñecidísimo cantaor e músico lucense Kiki Cortiñas, entre outras.
PROGRAMA DO XXXIV FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO – Novembro 2024 (despois do texto, en imaxes, información de cada concerto)
12 nov 20:30 h Élia Bastida Trío. Entrada gratuíta ata esgotar localidades
O Festival está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz “Escobijazz”, un grupo de lucenses unidos polo seu amor por esta música e que se constituíu como asociación cultural no ano 1990.
Web oficial: www.jazzlugo.com
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte