Festival de Jazz de Lugo 2024 – Programa
Do 1 ao 17 de novembro, 24 concertos, acollendo tanto estrelas e grandes figuras internacionais como novos valores do mundo do Jazz e, por suposto, representantes do mellor jazz estatal e galego.
Os concertos celebraranse no Círculo das Artes (Escenario Estrella Galicia), na Casa do Saber da USC e no Club Clavicémbalo.

Presentouse a 34 edición do Festival de Jazz de Lugo, que se celebrará do 1 ao 17 de novembro, como cada mes de novembro, de forma ininterrompida, dende 1991, convertíndose nun dos principais fitos culturais das últimas décadas da cidade de Lugo.
A lenda do jazz Bill Evans, a saxofonista nominada a tres Grammys Lakecia Benjamin, a multipremiada directora e compositora María Schneider, o tamén saxofonista Vincent Herring, o virtuoso trompetista Jeremy Pelt ou o icónico cantante Kenny Washington, son algún dos representantes do jazz internacional máis destacados, sen menoscabo de grandes propostas do jazz nacional como a de Tana Santana Quinteto, Savoy Club Big Band ou a volta a cidade do recoñecidísimo cantaor e músico lucense Kiki Cortiñas, entre outras.

PROGRAMA DO XXXIV FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO – Novembro 2024 (despois do texto, en imaxes, información de cada concerto)
CÍRCULO DAS ARTES – ESCENARIO ESTRELLA GALICIA
07 nov. 20:30 h Lakecia Benjamin Quartet 08 nov. 20:30 h Bill Evans & The Vans Band All Stars feat. Gary Husband, Felix Pastorius & Keith Carlock 09 nov. 20:30 h Kiki Cortiñas “Mi sentir” 13 nov. 20:30 h Soul Chemistry feat. Vincent Herring & Erena Terakubo 14 nov. 20:30 h Maria Schneider Orchestra & Clasijazz Big Band 15 nov. 20:30 h Tana Santana Quinteto 16 nov. 20:30 h Kenny Washington & Ignasi Terraza Trío 17 nov. 19:30 h Savoy Club Big Band
CLUB CLAVICÉMBALO
01 nov 22:30 h Ejazz / Charo Quicler Band 02 nov 22:30 h Federale (USA) en colaboración con Facela Fa Ce La Fest 07 nov 22:30 h Pablo Sax Cuarteto 08 nov 22:30 h Pepe Zaragoza Lledó Quintet / Iván Rojas New Quartet 09 nov 22:30 h Crossing Quartet / Iván Rojas New Quartet 12 nov 22:30 h Terranova Brass Ensemble 13 nov 22:30 h Jeremy Pelt Quintet The Real Jeremy Pelt Fan Page 14 nov 22:30 h Drumless Trío (Abe Rábade, Marcos Pin & Alfonso Morán) 15 nov 22:30 h Jo Young & Martín Otero / Leiton Martín Leiton Cuarteto 16 nov 22:30 h Inés Carreño / DayDream Sessions
CASA DO SABER (USC)
12 nov. 20:30 h Èlia Bastida Trío (Entrada de balde)

ENTRADAS
Concertos no Círculo das Artes – Escenario Estrella Galicia:
https://www.notikumi.com/channel/festival-jazz-lugo
Concertos no Club Clavicémbalo
Na mesma sala ou en https://www.woutick.es
Concerto na Casa do Saber:
12 nov 20:30 h Élia Bastida Trío. Entrada gratuíta ata esgotar localidades
Venda de Entradas na Caseta do Festival:
Praza Maior (frente ao Círculo das Artes) a partir do venres 01 de novembro – 12:30h (horario da caseta de 12:30 a 14:00 e de 19:00 a 20:30)
O Festival está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz “Escobijazz”, un grupo de lucenses unidos polo seu amor por esta música e que se constituíu como asociación cultural no ano 1990.
Web oficial: www.jazzlugo.com












O XXXIV Festival de Jazz de Lugo está subvencionado pola Concellaría de Cultura do Concello de Lugo Cultura e Turismo de Lugo a Área de Cultura da Vicepresidencia. Deputación de Lugo e o #INAEM, e co patrocinio da Xunta de Galicia Axencia Galega das Industrias Culturais e Cervexas Estrella Galicia e coa colaboración de Caixa Rural Galega, AIE Sociedad de Artistas Enruta-Jazz AIE Sociedad de Artistas, BMW Lugauto, a Universidade de Santiago de Compostela o Círculo de las Artes de Lugo o @club.clavicembalo e o diario El Progreso de Lugo






