Outubro 2018 A escola Oxeito e a agrupación musical Ariños da Febra teñen preparada unha gran verbena tradicional ao máis puro estilo dos anos 40/50 o próximo venres 05 na Pza Maior de Lugo a partir das 20:00: a gran VERBENA GALEGA D’ANTES.
Ataviados con roupa da época a xente de Oxeito, Airiños da Febra e colaboradores (figurantes que andarán pola verbena: parella da guardia civil, o cura, o alcalde e a alcaldesa, o taberneiro, grupos de familias… ) farán da Pza unha extraodinaria verbena desa época e todo o mundo está invitado a participar nela (non é obrigatorio ir coa roupa dese anos pero recoméndase para trasladar mellor o ambiente daqueles anos).
Se ademáis non tes coñecementos de baile e queres sumarte á festa, Xabier Iglesias, de Oxeito , dará un obradoiro de baile antes da verbena, a partir das 19:00 con bailes da verbena (pasodobres, valses, mazurcas, fox-trot, polcas e muiñeiras e xotas que aínda convivían cos novos rítmos de moda).