Verán poético en Lugo con «Versos na Barraca 2025»
Na praza da Mosqueira todos os xoves do mes de xullo ás 20:00 horas, o mellor da poesía galega en directo con música.
De balde.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou a programación para o 2025 de Versos na Barraca.
A edición deste ano acollerá, en Lugo, aos mellores poetas e poetisas do país.
A actividade será na praza da Mosqueira todos os xoves do mes de xullo ás 20:00 horas.
«Trátase dunha serie de espectáculos de música misturada coa narración oral que se poderán desfrutar na prazas da Mosqueira todos os xoves de xullo», explicou Rubén Arroxo.
As catro noites de Versos na Barraca (xoves 10, 17, 24 e 31 de xullo) serán guiadas polo director artístico, Lois Pérez.
As catro noites de Versos na Barraca (xoves 10, 17, 24 e 31 de xullo) serán guiadas polo director artístico, Lois Pérez.
Programación 2025 de Versos na Barraca.
10 de xullo – «ANOS VINTE SÉCULO VINTE E UN» Abraham Pérez e Beatriz Dourado.
Celebramos a poesía lucense con vocación universal a través de dúas voces que conteñen a marca da ferida, pero tamén a marca da resitencia.
17 de xullo – «O PREMIO ERA O VERSO» Chus Pato e Yolanda Castaño.
A habilidade e o talento na reformolución da interpretación da realidade. Dúas poetas galegas e universariais recoñecidas a nivel internacional que navegarán entre a música e a poesía na procura do que non ten nome. Por que o premio era o verso.
24 de xullo – «UN FURIOSO SILENCIO» Antón Reixa, Xosé Manuel Pereiro e Pedro Granell.
A palabra feita transgresión a mirada perplexa diante do mundo e a irreverencia psicodélica poñerán a proba a pedra da Muralla. A viaxe é o cumio.
31 de xullo – «A DÉCADA DAS ABELLAS» Dores Tembras e Antía Otero.
Dez anos alumeando o camiño con rigor, coidado e olfacto poético. A promesa do arrecendo, o verso feito mel.