Creatividade sen límites no ciclo Experimenta 2025 en Lugo.

BASABI, AMANDA MUR E CINTAADHESIVA os días 22, 23 e 24 de Xullo en varios espazos da cidade con entrada libre ata completar cabida.

Chega un dos nosos ciclos favoritos… Experimenta! 2025 con BASABI, AMANDA MUR E CINTAADHESIVA.

➡O Martes 22 de Xullo as 20:30 na Capela de Santa María, BASABI, dende Bilbao, conxunto de música de cámara acompañado de txalaparta, presentarán o seu novo traballo ‘Oma’. Previamente proxectarase a curtametraxe ‘Zuhaitzen Memoria’ de Josu VENERO

www.basabi.eus
www.instagram.com/basabigara/

➡O Mércores 23 de Xullo as 20:30 nos Xardíns do Pazo Provincial de San Marcos, AMANDA MUR, de Cantabria, co seu disco de debut ‘Neu Om’, nunha complexa mistura de estilos, estructuras e influenzas clásicas e contemporáneas.

linktr.ee/amandamur
www.instagram.com/amandamur__
www.facebook.com/61573005622289

➡O Xoves 24 de Xullo as 20:30 na Capela de Santa María, CINTAADHESIVA, da Galiza, a proposta poético-musical que integra as creacións do compositor Jesús Andrés Tejada e as poesías e performances de Silvia Penas nun conxunto que se deu en chamar ‘e-Poesia’, nesta actuación incorporarán os visuais de María Roja.

www.facebook.com/cintaadhesiva
www.instagram.com/cintaadhesiva___/
cintaadhesiva.bandcamp.com/

Todos con entrada libre ata completar cabida.

Experimenta novas sensacións, deixate levar polos camiños da imaxinación das propostas deste ciclo organizado pola asociación cultural lucense Tele-Clube Lugo que conta co apoio da Vicepresidencia de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

A deputada de Cultura Iria Castro e Trini López e Chus Rodríguez, de Teleclube, presentaron o programa que dá continuidade á colaboración entre a institución provincial e a entidade cultural para consolidar este ciclo trae a Lugo artistas de vangarda, fóra dos circuítos comerciais convencionais. Foto: Gab. Com. Vicepresidencia Deputación de Lugo.
Vídeos de BASABI, AMANDA MUR E CINTAADHESIVA: