A Sociedade Filharmónica de Lugo programa un concerto extraordinario de Nadal, o venres 26/12 ás 20:00 horas no Círculo das Artes de Lugo, con entrada gratuíta ata esgotar localidades.
Concerto de Arundo Donax Ensemble, unha agrupación instrumental especializada en instrumentos de vento madeira, formada por músicos profesionais da provincia de Lugo e baixo a dirección artística do mestre David Fiuza Souto.
Nace co obxectivo de recuperar e actualizar a tradición da Harmoniemusik , un formato de música de cámara popularizado no século XVIII que inspirou obras emblemáticas como a Serenata n.º 10 de Wolfgang Amadeus Mozart.
Este proxecto representa un paso adiante para a escena cultural gallega, tanto pola calidade artística dos seus membros como polo seu compromiso de achegar a música clásica a públicos diversos.
Cun enfoque que combina o respecto pola tradición coas posibilidades expresivas da interpretación contemporánea, o Arundo Donax Ensemble propón un novo camiño para a música de cámara en Galicia.
Programa:
«Serenata para tutti»
Johann Sebastian Bach (1685-1750): Toccata und Fugue D‐moll* (*Arranxo de David Fiuza)
Wolfgang A. Mozart (1756-1791): Aria: “Der Königin der Nacht” de “A Frauta Máxica”* (*Arranxo de Adam Boll)
Pietro Mascagni (1863-1945): Intermezzo de “Cavalleria Rusticana”* (*Arranxo de David Fiuza)
Georges Bizet (1838-1875): “Carmen” Suite* (*Arranxo de Clifton Jones)
Johannes Brahms (1833-1897): Danzas Húngaras (Selección: núm 1, 3, 5 e 7)* (*Arranxo de David Fiuza)
Claude Debussy (1862-1918): Petite Suite* (*Arranxo de David Fiuza)
Adam Gorb (1993): Suite for Woodwinds
«Serenata para tutti»
Historicamente coñecemos as «Serenatas» como os concertos programados ao atardecer, para divulgar a música clásica en todo tipo de contextos, coa intención de romper a barreira social de clases que existía na cultura elitista da época, onde as grandes salas de concerto eran alcanzables unicamente para a aristocracia e a burguesía.
Neste caldo de cultivo nace o fenómeno da Harmoniemusik» (grupos de cámara formados por instrumentos de vento), que alcanza a súa época de esplendor no S.XVIII, ao ofrecer arranxos do repertorio clásico da época (sinfónico e operístico) en formato camerístico, e tocando «Serenatas» nas localidades máis pequenas e sen exclusións de clase social.
Baixo os ideais de achegar a gran música a «Tutti«, e facilitar a cultura á sociedade do s.XXI, é un dos obxectivos que nacen da inquietude latente deste proxecto .
Por este motivo xorde este programa de «Serenata», que achega a mellor música a diferentes contextos xeográficos da provincia, mediante un formato moderno de «Harmoniemusik«, no que se incorporan tímbricas e sonoridades totalmente renovadas ao incluír a organoloxía completa dos instrumentos de vento madeira.
En canto á elección do repertorio, o programa configúrase cunha selección da música máis coñecida dos últimos 4 séculos da historia da música ccidental; trátase dunha viaxe cun espectro estilístico moi amplo, que comeza na polifonía do órgano barroco, pasando pola expresión mais sublime da beleza romántica e achegándonos ó universo da danza con música pianística‐orquestral e tamén orixinal moderna.
+ Info: www.filarmonicadelugo.com

























