Outubro 2018 A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, anunciou unha nova cita que acollerá Lugo: o I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria, un dos poucos desta temática e tipoloxía que se celebran en España. Trátase dunhas xornadas organizadas polo Concello e a USC, no marco da celebración do 70 aniversario do camposanto lugués, que versarán sobre As perspectivas da morte e que terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro no auditorio do Vello Cárcere.

Tal e como explicou Rielo, esta actividade, que se enmarca dentro do convenio de colaboración subscrito entre ambas as dúas entidades, pretende profundar no tema da morte, e vén a afianzar a dinámica de traballo interdisciplinar levado a cabo neste últimos anos entre Concello e USC, que ten consolidado xa logros importantes no ámbito da cultura funeraria.

O programa abrangue distintos eixes temáticos: representacións da morte na historia, ritos funerarios e morte nas distintas culturas, antropoloxía da morte e grandes cemiterios monumentais. Haberá conferencias, comunicacións e mesas redondas; todo elo cun obxectivo: crear un foro de debate e estudo das distintas achegas científicas e de investigacións que neste ámbito proporcionen información precisa a través da cal poder abordar conceptual e culturalmente a morte.

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse, de xeito gratuíto, ata o 27 de novembro, a través da nova web do Cemiterio Municipal, cemiterio.lugo.gal 

Programa

Venres, 30 de novembro

09:00 horas.- Recepción das persoas asistentes e entrega de documentaicón
09:30 horas.- Acto de inauguración do congreso
10:00 horas.- A morte no Lugo Romano: rituais e espazos funerarios, a cargo de Enrique González, arqueólogo do Concello de Lugo
11:00 horas.- Análise dun espazo de memoria olvidado, a cargo de Antonia Pérez, Doutora arquitecta, profesora do departamento de Representación e Teoría Arquitectónicas da Escola Técnica Superior de Arquitectura en A Coruña
12:30 horas.- Lectura de comunicacións
16:00 horas.- Perdeuse o hábito branco: a morte entre os maias de onte e de hoxe; a cargo de Ana Garíca, Licenciada en Historia do Arte e Historia de América II
17:00 horas.- Mesa redonda: A morte nas distintas culturas; coa participación de Esther Vaquero, da Fundación Chu Sup Tsang (A morte na filosofía budista), Max-Jean Zins, Doutor en Ciencias Políticas (Evolución dos ritos funerarios de guerreiros na India hoxe) e Jesús Ávila; Licenciado en Ciencias da Información (A morte no catarismo).
19:00 horas.- Memorias do alén, unha representación a cargo de Achádego
20:00 horas.- Visita guiada ao Cemitriro Municipal de San Froilán, a cargo de Ana Goy, Catedrática de Historia do Arte e Directora do Centro de Estudos da Cidade, quen tamén asistiu á presentación

Sábado, 1 de decembro

09:30 horas.- Mesa redonda: Morte digna: perspectivas; coa particpación de Isidoro Rodríguez, Doutor en Humanidades (Psicoloxía da morte).
12:00 horas.- A morte como patrimonio propio de Iberoamércia: perspectivas antropolóxcias sobre malas e boas mortes; a cargo de Juan Antonio Flores, Doutor en antropoloxía social.
13:00 horas.- Cemiterios como recurso cultural e turístico, experiencias de xestión e difusión, a cargo de Francisco José Rodríguez, Doutor en Xeografía e Historia
16:00 horas.- Mesa redonda: Grandes cemiterios patrimoniais; coa particpación de Jordi Valmaña, presidente da AFCM, José Francisco Ferreira, Doutor en Historia do Arte, Eduardo Jorge Montemuiño, Coordinador da Rede Uruguaya de cemiterios e sitios patrimoniais, e Ana Goy.
18:30 horas.- Difusión da cultura funeraria: perspectivas, a cargo de Jesús Pozo, Director da Revista Adiós Cultural
19:30 horas.- Clausura