Aberta a inscrición no Cartografía en Movemento 2025, Festival de artes escénicas na rúa.
A convocatoria está aberta ata o 31 de agosto.
A Asociación Cultural lucense «3monas» convoca á túa/vosa creatividade para participar na 14 edición do festival «Cartografía en Movemento» que terá lugar na cidade de Lugo o vindeiro 27/09.
Tema: «Contorno», o que nos rodea. Figura, fondo, pel, territorio. Tamén a liña que comeza e remata no mesmo punto; o trazo lento e atento recolle o esencial, condensa o latente.
Están abertas a propostas de danza, performance ou calquera outra expresión artística, nunha peza dun máximo de 15 min.
A convocatoria está aberta ata o 31 de agosto.
Formulario para enviar a proposta.
«Todas as propostas serán valoradas, e daremos resposta no mes de setembro en función da súa viabilidade polos tempos das pezas e os percorridos pola cidade de Lugo.»
