Novas propostas do Lugo en Danzav

Semana con novas actividades do Lugo en Danza:

Obradoiro de Aikido aplicado á danza

O Aikido é unha arte marcial xaponesa fundada por Morihei Ueshiba na que se busca principalmente neutralizar ao contrario empregando a súa forza en beneficio propio. Aplica deste xeito os principios da non resistencia, relacionados coa filosofía do ying e o yang, a través dos cales se pode adquirir unha forte conciencia do propio corpo e da súa utilización en relación ao movemento.

Este obradoiro está dirixido a persoas interesadas na danza e o movemento.

Trátase dunha práctica na que se busca achegarse o movemento e a fisicidade característica do Aikido, potenciando á súa vez unha serie de competencias básicas que parten de técnicas e do emprego de armas tradicionais xaponesas. T

ras un estudo pormenorizado da técnica marcial, buscáronse pontes de unión entre ésta e a danza contemporánea, atopando lugares comúns entre as dúas disciplinas e propoñendo unha práctica que recolla todo este material.

LUGAR: MIHL DATA: Xoves 18 de 19,30- 21h Número de prazas: 15 chamando o 010

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas é un espectáculo de creación escénica contemporánea baseado en dous eixos fundamentais: o Aikido (arte marcial xaponés) e a danza contemporánea, complementados con outras técnicas corporais como o teatro físico e a danza Butoh, esta úlima tamén de orixe xaponesa.Como levar desde unha fisicalidad occidental, algúns preceptos físicos orientais sendo conscientes desta diferenciación cultural e investigando como facela propia. Cada unha destas disciplinas deixa a súa pegada na peza, sempre ao servizo do que esta creación necesita para devolver á vida as nosas pantasmas durmidas. Pálido Domingo son Fran Martínez, Belén Bouzas e Diego M. Buceta , compañía de artes do corpo que ten como obxectivo principal profundar na linguaxe do corpo a partir da investigación nas técnicas interpretativas de entrenamiento físico ligadas ao Aikido, á danza contemporánea e ao teatro físico. Non hai que ser unha casa para ter pantasmas é o seu primeiro traballo como compañía, estreado

ENTRADAS