Programa do Lugo Máxico 2025
28 actividades entre o 19 e o 24 de maio, con galas, maxia na rúa, actividades nos centros de ensino, a sesión de maxia do HULA …
A primeira actividade terá lugar o 19/05, a partir das 20:30 no Vello Cárcere coa conferencia divulgativa de Xosé Díaz e Belén Fernández «O Misterioso Dr. Saa: A historia do Conde de Waldemar, Ilusionista, Prestidixitador e Telépata».
 
O Vello Cárcere acollerá a exposición «O conde de Waldemar», que contará con visitas guiadas os días 20, 21 e 22 (11:00 e 12:30 para escolares, 17:30 e 19:00 para adultos).
 
Haberá 4 actividades de maxia na rúa, co mago David Navares e o seu espectáculo «A Maxia dun Trotamundos», que se poderá desfrutar na praza da Milagrosa o 19 de maio ás 19:00, 20 de maio ás 19:00 en Augas Férreas, 21 de maio ás 13:00 na praza Maior e ás 19:00 na praza do Castiñeiro e 22 de maio ás 19:00 na Mosqueira.
 
A sesión de maxia do HULA que terá lugar o venres 23 a partir das 13:00 cos magos David Méndez, Marcos Waldemar, David Navares e Nacho Samena.
 
Contará con dúas galas no auditorio Fuxan os Ventos. Mag Edgard presentará o seu espectáculo «Mutis e a Maxia» o 23/05 ás 20:30 e o sábado 24 terá lugar a Gala Lugo Máxico cos magos Cayetano Lledo, Charlie Mag, Kiko Pastur, Celia Muñoz, Miguel Muñoz, Nacho Samena e Marcos Waldemar, a partir das 20:30.
ENTRADAS:
 
Todas as actividades serán gratuítas e de acceso libre ata completar a cabida do recinto, agás as galas (entradas en entradaslugo.es )
 
Entradas a 5 euros: galas de venres 23 e sábado 24 poderán adquirirse en entradaslugo.es Oficina Municipal de Turismo (praza do Campo) e Vello Cárcere.
 
Entrada gratuÍta, pero haberá que sacar entrada en entradaslugo.es ou recoller na Oficina Municipal de Turismo (praza do Campo) e Vello Cárcere: actividade no MIHL do mércores 21 de maio
 
Visitas guiadas para adultos (apuntarse no Vello Cárcere): martes 20, mércores 21 e xoves 22 de maio – 2 sesións ás 17:30 e 19:00 horas (30 perosoas/sesión)
 
Toda a información do Lugo Máxico en: lugomaxicooficial.com
O Tenente Alcalde do concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co Mago Antón e os magos Marcos Waldemar e Nacho Samena, O Lugo Máxico 2025.