Programación de «Animación á lectura e contacontos» no Museo MIHL

Promovida pola Biblioteca Municipal Isidro Novo, a área de Cultura e o MIHL, a programación é a seguinte: 

Xoves, 22 de febreiro ás 18:00 horas no MIHL
BRAIS DAS HORTAS con “CONTOS PARA CAGHAR PATATILLAS”

Idades: a partir de 4 anos
Duración: 50 minutos

Música, clown e contos a partes iguais, nun espectáculo para morrer de medo…ou de risa!: a Santa Compaña cantando un trap, o home do saco, as sete bruxas que voan de Moaña a Sevilla nunha barca… e moito máis.

Xoves, 29 de febreiro ás 18:00 horas no MIHL
A XANELA DO MAXÍN con “BABÁ-BEBÉ”

Idades: de 1 a 3 anos
Duración: 35 minutos

Celtia Figueiras e Topo Vidal, como intérpretes solistas, fan desta obra unha auténtica delicia para os sentidos dun xeito delicado, amable e perfectamente adecuado ás necesidades sensoriais da primeira infancia.

Xoves, 07 de marzo ás 18:00 horas no MIHL
TEATRO GHAZAFELHOS con “LÚA”

Idades: a partir de 5 anos
Duración: 50 minutos

Da man de Lúa, percorreremos o mundo dos maiores cos ollos da infancia. Descubriremos a importancia da tolerancia e de abrir as fronteiras no país das pernas e o país dos brazos.

Tamén aprenderemos a compartir no país da choiva; a levantar a vista e apreciar o mundo que nos rodea no país dos espellos; a vivir en paz e non usar a violencia no país da guerra…

Xoves, 14 de marzo ás 18:00 horas no MIHL
NACHO SAMENA con “SAMENÍZATE”

Idades: a partir de 6 anos
Duración: 60 minutos

Nacho Samena comeza a aprender maxia a través de libros nos que se explican os segredos do ilusionismo. En Samenízate, poderás ver como, cun ritmo frenético, ocorren cousas imposibles con obxectos cotiáns. Unha mostra de todo o que se pode aprender a facer grazas á lectura

Xoves, 4 de abril ás 18:00 horas no MIHL
VERO RILO con “ELAS”

Idades: a partir de 4 anos
Duración: 45 minutos

Selección de contos de autora, tradicionais, de recollida e adaptacións persoais onde a igualdade convive de xeito transversal en todas elas.

Xoves, 18 de abril ás 18:00 horas no MIHL
FRAN REI con “O CONTO DE BARRIGA VERDE”

Idades: a partir de 3 anos
Duración: 55 minutos

Fiz é un mozo labrego galego que terá que enfrontarse ao Serrado e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno demostrarán que nada é máis forte que o amor verdadeiro.

ENTRADAS:

https://entradaslugo.es/

Importante: As persoas adultas que acompañen aos nenos e nenas aos contacontos terán que retirar tamén entrada. Para dar preferencia ao público infantil, permitirase só un acompañante adulto por unidade familiar e entregaranse un máximo de tres entradas por persoa