O fotógrafo Adra Pallón conviviu varios días coa compañía Teatro Baixo da Area para recoller coa súa mirada o esforzo, o sacrifio, as tensións e as alegrías que vive o elenco artístico e técnicos ante a estrea dunha nova obra: «Poeta en Nova York» de Federico García Lorca, por primeira vez en galego.
Desde os ensaios no seu local, ata o montaxe do escenario pasando pola atención aos medios, as esperas e os continuos ensaios, as fotografías falan por sí mesmas desta obra que vendeu todo as dúas noites en Lugo e impactou e axitou conciencias a partes iguais.
Esta adaptación teatral conta con María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz. Completan o equipo Rosa Moledo tradución e asesoramento lingüístico, Xoan Laxe tradución e Alfredo Sarille luces baixo a dirección de Paloma Lugilde
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte